O voo 4225 de Aeroflot era un servizo regular doméstico operado por un Tupolev Tu-154B-2 entre o aeroporto de Almati e o aeroporto de Simferopol. O día 8 de xullo de 1980 o avión que operaba a ruta chegou a unha altura de non máis de 500 pés cando a velocidade do aire caeu de súpeto debido a correntes termais que atopou mentres subía, causando que o avión entrase en perda antes de percorrer 5km, esnafrarse e incendiarse, matando aos 156 pasaxeiros e 10 tripulantes a bordo.[1] En xaneiro de 2019 seguía sendo o peor accidente de aviación ocorrido en Kazakhstán.[1]
No momento do accidente Almati estaba experimentando unha vaga de calor. Eran as 00:39 cando o avión engalou do aeroporto de Almati.[1] Un poucos segundos despois da engalaxe o aparello alcanzou os 500 pés. O avión chegou a unha zona de aire quente, a súa velocidade caeu dramaticamente e quedou atrapado nunha corrente de aire descendente. O Tupolev entrou en perda e caeu, co morro cara a abaixo, nunha granxa preto dos suburbios de Almati. O aparello esvarou nun barranco, incendiouse e desintegrouse, matando a todos os seus ocupantes.[2][3]
A xunta de aviación soviética concluíu que o accidente foi causado por unha cizalladura de vento ocorrida cando o avión estaba preto do seu peso máximo de engalaxe para as condicións locais.[2]