Voo 409 de United Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 409 de United Airlines
Douglas DC-4 semellante ao do accidente
Resumo
Data  6 de outubro de 1955
Causa  voo controlado contra o terreo
Lugar  Medicine Bow Peak
Coordenadas  Coordenadas: 41°20′42″N 106°19′44″O / 41.345, -106.329
Finados  66
Aeronave
Tipo de aeronave Douglas DC-4
Operador  United Airlines
Rexistro  N30062
Pasaxeiros  63
Tripulación  3
Superviventes  0

O voo 409 de United Airlines era un servizo regular entre Nova York e San Francisco, con escalas en Chicago, Denver e Salt Lake City. O día 6 de outubro de 1955 o Douglas DC-4 que operaba a ruta, con rexistro N30062,[1] esnafrouse no Medicine Bow Peak, preto de Laramie (Wyoming), matando as 66 persoas a bordo (63 pasaxeiros e 3 tripulantes). Entre as vítimas había cinco mulleres membros do Mormon Tabernacle Choir e persoal militar.[2] Na época foi o accidente aéreo con máis vítimas mortais na historia da aviación comercial estadounidense.[2][3] A principios dese ano, o 22 de marzo, perdéranse outras 66 vidas en Hawai no accidente dun transporte militar Douglas R6D-1 Liftmaster da Armada,[4] e tamén morreron outras 66 persoas na colisión no aire de dous Fairchild C-119 Flying Boxcar da Forza Aérea dos Estados Unidos na República Federal Alemá o 11 de agosto, sendo os tres peores accidentes de aviación do ano 1955.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "FAA Registry - N30062". registry.faa.gov. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-08. 
  2. 2,0 2,1 "DISASTERS: Waiting Room". Time (en inglés). 1955-10-17. ISSN 0040-781X. Consultado o 2019-01-08. 
  3. "Wyoming Crash Toll Leads List". he Spokesman-Review. Consultado o 2019-1-9. 
  4. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Douglas R6D-1 (DC-6) 131612 Honolulu, HI". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-09. 
  5. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Fairchild C-119G Flying Boxcar 53-3222 Edelweiler". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-09. 
  6. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Fairchild C-119G Flying Boxcar 53-7841 Edelweiler". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-09.