Voo 409 de Ethiopian Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 409 de Ethiopian Airlines
Boeing 737-800 semellante ao do accidente
Resumo
Data  25 de xaneiro de 2010
Causa  erro dos pilotos
Lugar  mar Mediterráneo a 3,5 km
de Na'ameh, Líbano
Coordenadas  Coordenadas: 33°45′28″N 35°25′49″L / 33.75777778, 35.43027778
Orixe  aeroporto de Beirut
Destino  Adís Abeba-Bole
Finados  90
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-8AS
Operador  Ethiopian Airlines
Rexistro  ET-ANB
Pasaxeiros  82
Tripulación  8
Superviventes  0

O voo 409 de Ethiopian Airlines era un servizo regular internacional dende Beirut ata Addis Abeba que se esnafrou no mar Mediterráneo pouco despois da engalaxe do aeroporto de Beirut-Rafic Hariri o 25 de xaneiro de 2010, matando ás 90 persoas a bordo.[1][2] Este foi o primeiro accidente con vítimas mortais de Ethiopian Airlines dende o secuestro do voo 961 en 1996.[3][4][5]

Avión[editar | editar a fonte]

O aparello involucrado no accidente era un Boeing 737-8AS, con rexistro ET-ANB e número de serie 29935.[1][6] Realizara o seu primeiro voo o 18 de xaneiro de 2002 e fora entregado a Ryanair o 4 de febreiro dese ano como EI-CSW.[7] Almacenado en abril de 2009, Ethiopian Airlines fíxose co control do avión o 12 de setembro de 2009, arrendado a CIT Aerospace.[3][7] Equipado con dous motores CFM56-7B26, o aparello pasara o último control de mantemento o 25 de decembro de 2009 sen que se lle atopane ningún problema técnico.[3][7][8] O avión tiña 8 anos e 7 día cando correu o accidente.

Accidente[editar | editar a fonte]

O Boeing 737 engalou da pista 21 do aeroporto de Beirut-Rafic Hariri no medio dunha treboada[4] con 82 pasaxeiros e 8 tripulantes a bordo.[9] Os datos do METAR indicaban ventos de 8 nós (15 km/h) de dirección variable e tormentas eléctricas na veciñanza do aeroporto. O avión trepou aos 9 000 pés (2,700 m)[2][10] virou bruscamente cara á esquerda, entrou en perda, e esnafrouse no mar Mediterráneo. O contacto co radar perdeuse entre os catro e cinco minutos despois da engalaxe,[11] mentres que algunhas testemuñas preto da costa informaron ver o avión en chamas chocando contra a auga.[12]

Busca e rescuperación[editar | editar a fonte]

Na mañá seguinte ao accidente, as autoridades libanesas informaron ter localizado o lugar do sinistro a 3,5 quilómetros da costa da vila de Na'ameh.[13][14] A busca de superviventes realizouna o exército do Líbano[15] usando helicópteros Sikorsky S-61, a armada libanesa e tropas da Forza Provisional das Nacións Unidas no Líbano (UNIFIL).[11] Os militares estadounidenses, en resposta a unha petición do goberno libanés, enviaron o destrutor USS Ramage, un avión P-3 da armada,[16] e o buque de salvaento USNS Grapple.[17] A armada francesa enviou un avión de recoñecemento Breguet Atlantic. A UNIFIL enviou tres barcos e dous helicópteros ao lugar. A Royal Air Force[4] e a unidade de aviación da Policía de Chipre enviaron outros helicópteros para axudar nos traballos de busca e rescate.[18]

Os corpos recuperados foron enviados ao hospital universitario Rafik Hariri en Beirut para a extracción de ADN e a súa identificación.[19] O 5 de febreiro de 2010, informouse que o buque estadounidense Odyssey Explorer chegaría durante a seguinte semana para axudar na busca das caixas negras do avión.[20] O exército libanés informou o 6 de febreiro que atopara grandes seccións do avión, entre as que se cría que esaba a cola, a unha profundidade de 45 metros a 2 km da costa. O 7 de febreiro de 2010 megulladores do exército libanés foron capaces de recuperar o gravador de datos de voo do avión; que foi enviado á base naval de Beirut para ser entregado ao equipo de investigación do accidente.[21] Todos os falecidos recuperáronse do mar e identificáronse o 23 de febreiro de 2010.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 737-8AS (WL) ET-ANB Beirut International Airport (BEY)". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-17. 
  2. 2,0 2,1 "Inquiry details crashed Ethiopian 737's erratic flightpath". Flight International. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2012. Consultado o 2018-12-17. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Lebanese officials cite poor weather in Ethiopian 737 crash; NTSB to send investigator". Air Transport World. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2012. Consultado o 2018-12-17. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Ethiopian Airlines jet crashes into sea off Beirut". BBC. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2019. Consultado o 2018-12-17. 
  5. "Ethiopian Airliner Crashes Near Beirut". The New York Times. Consultado o 2018-12-17. 
  6. 6,0 6,1 "Crash: Ethiopian Airlines B738 near Beirut on Jan 25th 2010, lost height after takeoff and impacted Mediterranean". The Aviation Herald. Consultado o 2018-12-17. 
  7. 7,0 7,1 "Boeing 737 Next Gen - MSN 29935 - ET-ANB". Airfleets. Consultado o 2018-12-17. 
  8. "Ethiopian plane crashes off Beirut, 90 feared dead". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2012. Consultado o 2018-12-17. 
  9. "Ethiopian airliner crashes near Beirut". The Sydney Morning Herald. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2012. Consultado o 2018-12-17. 
  10. "Contact with ill-fated Ethiopian 737 lost at 9,000ft". Flight Global. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2012. Consultado o 2018-12-17. 
  11. 11,0 11,1 "ET409 crashed into sea". Airline Industry Review. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2012. Consultado o 2018-12-17. 
  12. "Ethiopian Airlines plane crashes into Mediterranean sea". Al Jazeera. Arquivado dende o orixinal o 10/10/2012. Consultado o 2018-12-17. 
  13. "Ethiopian jet crash bodies pulled from sea off Beirut". BBC. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2012. Consultado o 2018-12-20. 
  14. "Lebanon says Ethiopian plane crash site located". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2014. Consultado o 2018-12-20. 
  15. "Ethiopian airliner crashes on takeoff in Lebanon". news.com.au. Consultado o 2018-12-20. 
  16. "Bodies found from Ethiopian Airlines crash". CNN. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 2018-12-20. 
  17. "US salvage ship to aid in Ethiopian Airlines aircraft recovery efforts". United States Navy. Archived from the original on 31 de xaneiro de 2010. Consultado o 2018-12-20. 
  18. "Ninety feared dead in Lebanon crash". Cyprus Mail. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2012. Consultado o 2018-12-20. 
  19. "90 feared dead in Ethiopian plane crash | News , Lebanon News | THE DAILY STAR". web.archive.org. 2014-07-26. Archived from the original on 26 de xullo de 2014. Consultado o 2018-12-21. 
  20. "Odyssey Explorer arrives in Lebanon next week, Al-Hayat reports". web.archive.org. 2016-01-30. Archived from the original on 30 de xaneiro de 2016. Consultado o 2018-12-21. 
  21. "Ethiopia Airlines jet 'black box' retrieved in Lebanon". BBC. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2012. Consultado o 2018-12-21.