Voo 402 de El Al

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Voo 402 de El Al
4X-AKC J M G Gradidge collection via John Wegg.jpg
O avión do accidente en 1950
Resumo
Data  27 de xullo de 1955
Causa  derrubado
Lugar  ao norte de Petrich, Bulgaria
Coordenadas  41°24′N 23°13′L / 41.400, -23.217Coordenadas: 41°24′N 23°13′L / 41.400, -23.217
Orixe  Londres-Heathrow
Destino  aeroporto de Lod
Finados  58
Aeronave
Tipo de aeronave Lockheed Constellation
Operador  El Al
Rexistro  4X-AKC
Pasaxeiros  51
Tripulación  7
Superviventes  0

O voo 402 de El Al era un servizo internacional de pasaxeiros entre Londres e Tel Aviv, con escalas en Viena e Istanbul. O día 27 de xullo de 1955 o Lockheed Constellation que operaba a ruta, con rexistro 4X-AKC, perdeuse no espazo aéreo de Bulgaria e foi derrubado por dous cazas MiG-15 búlgaros, esnafrándose preto de Petrich. Os 7 tripulantes e 51 pasaxeiros a bordo morreron.[1][2] O accidente tivo lugar no medio de relacións moi tensas entre o Bloque Oriental e Occidente e foi o peor dun Constellation na época.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Lockheed L-149 Constellation 4X-AKC Petrich". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-08. 
  2. "Through the Curtain". Time (en inglés). 1955-08-08. ISSN 0040-781X. Consultado o 2019-01-08.