Saltar ao contido

Voo 261 de Alaska Airlines

Voo 261 de Alaska Airlines
 Instancia de
 Representado por
Datas e cronoloxía
 Data
31 de xaneiro de 2000 Editar o valor en Wikidata
Características
 Investigado por
 Nave
 Matrícula da aeronave
N963AS Editar o valor en Wikidata
 Número de voo
AS261 Editar o valor en Wikidata
 Causado por
Implicados
 Operador/a
Número de implicados
Feridos0 Editar o valor en Wikidata
Mortes88 Editar o valor en Wikidata
Superviventes0 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 Coordenadas
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
 País
Wikidata C:Commons

O voo 261 de Alaska Airlines era un voo regular internacional entre o aeroporto internacional Licenciado Gustavo Díaz Ordaz en Puerto Vallarta, México, e o aeroporto internacional de Seattle-Tacoma, nos Estados Unidos cunha escala no aeroporto internacional de San Francisco.[1] O 31 de xaneiro de 2000, o avión que operaba a ruta, un McDonnell Douglas MD-83, esnafrouse no océano Pacífico a uns 4,3 quilómetros ao norte da illa Anacapa, California, tras sufrir unha perda catastrófica do control de cabeceo. O accidente matou a todas as persoas a bordo: dous pilotos, tres tripulantes de cabina e 83 pasaxeiros.

A investigación da Xunta Nacional de Seguridade no Transporte determinou que o mantemento inadecuado provocou un desgaste excesivo e un eventual erro dun sistema de control de voo crítico. A causa probable considerouse a perda de control de cabeceo do avión produto do fallo dunha porca tipo acme (de rosca con perfil trapezoidal) do vástago do estabilizador horizontal. Unha lubricación insuficiente da engrenaxe do elevador provocó o seu desgaste excesivo e o subseguinte trasroscado.[1] Antes do impacto contra o mar, os pilotos intentaron inverter o avión para compensar o bloqueo do elevador en posición de descenso, aínda que a manobra non deu resultado.

O aparello implicado no accidente era un McDonnell Douglas MD-83 fabricado en 1992, con rexistro N963AS. Fora entregado a Alaska Airlines en maio de 1992 e estaba equipado con dous motores Pratt & Whitney JT8D.[2] Antes do accidente o avión tiña máis de 26 000 horas de voo.[3]

Tripulación

[editar | editar a fonte]

O pilotos do voo 261 eran veteranos con moita experiencia. O capitán Ted Thompson, de 53 anos, tiña 17 750 horas de voo, 4 000 delas voando no MD-80.[1] O primeiro oficial William (Bill) Tansky, de 57, tiña 8 140 horas, da que 8 060 eran como primeiro oficial no MD-80. Ningún dos dous estivera antes implicado nun incidente ou accidente.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 NTSB (ed.). "Aircraft Accident Report" (PDF). Consultado o 4 de decembro de 2018. 
  2. "N963AS Alaska Airlines McDonnell Douglas MD-83". www.planespotters.net (en inglés). Consultado o 2018-12-26. 
  3. "CNN Transcript - CNN Today: Alaska Airlines Flight 261: Searchers Hold Out Hope for Possible Survivors; Crash Takes Heavy Toll on Airlines Employees' Families - February 1, 2000". edition.cnn.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2013. Consultado o 2018-12-26.