Saltar ao contido

Voo 235 de TransAsia Airways

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 235 de TransAsia Airways
Imaxe
 Instancia de
 Elemento operado
Características
 Representado por
 Nave
Datas
 Data
4 de febreiro de 2015 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Localización
 Localización
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
 País
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Número de participantes
   53 Editar o valor en Wikidata
 Número de feridos
   17 Editar o valor en Wikidata
 Mortes
   43 Editar o valor en Wikidata
 Número de superviventes
   15 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/012smrt9 Editar o valor en Wikidata
Matrícula aeronaveB-22816 Editar o valor en Wikidata
Número de vooGE235 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O voo 235 de TransAsia Airways era un servizo doméstico que se esnafrou no río Keelung o día 4 de febreiro de 2015, pouco despois de engalar do aeroporto de Taipei Songshan, a 5,4 km ao oeste de Songshan, en Taiwán. O voo de TransAsia Airways, realizado por un ATR 72-600 con só tres meses de idade, operaba un servizo entre Taipei e Kinmen con 53 pasaxeiros e 5 tripulates a bordo. Houbo 15 superviventes.

Dous minutos despois da engalaxe os pilotos informaron da parada dun motor. O voo 235 trepou ata unha altura máxima de 460 metros (1 510 pés), e entón descendeu. O outro motor, que aínda traballaba, foi apagado por un erro.[1][2] Xusto antes de esnafrarse contra o río, inclinouse de súpeto cara a esquerda e contou a un taxi que ía polo viaduto de Huandong coa súa á esquerda.

O voo 235 foi o segundo accidente con vítimas mortais dun ATR de TransAsia Airways en sete meses: o voo 222 esnafrouse o 23 de xullo de 2014, matando a 48 dos seus 58 ocupantes.

O aparello implicado no accidente era un turbohélice bimotor ATR 72-600 con rexistro B-22816 e número de serie 1141. Voara por vez primeira o 28 de marzo de 2014 e fora entregado a TransAsia Airways o 15 de abril dese ano.[3] O motor Pratt & Whitney Canada PW127M esquerdo fora substituído en agosto de 2014.[4]

  1. Jul 02, The Associated Press · Posted:; July 2, 2015 1:54 AM ET | Last Updated:; 2015. "'Wow, pulled back the wrong side throttle,' pilot said seconds before Taiwan crash | CBC News". CBC (en inglés). Consultado o 2019-01-01.
  2. "Last words of TransAsia crash pilot were 'Wow, pulled back the wrong side throttle'". The Independent (en inglés). 2015-07-02. Consultado o 2019-01-01.
  3. "ATR 42/72 - 1141 - MSN B-22816". www.airfleets.net. Consultado o 2025-01-09.
  4. "Aviation Safety Council Aviation Occurrence Report ASC-AOR-16-06-001 TransAsia Airways Flight GE235 ATR72-212A" (PDF). Aviation Safety Council. Consultado o 9 de xaneiro de 2025.