Saltar ao contido

Voo 2283 de Voepass

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 2283 de Voepass
Imaxe
 Instancia de
 Elemento operado
 Nave
Datas
 Data
9 de agosto de 2024 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Feridos0 Editar o valor en Wikidata
Mortes62 Editar o valor en Wikidata
Superviventes0 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
Identificadores
Matrícula aeronavePS-VPB Editar o valor en Wikidata
Número de voo2Z283 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O voo 2283 de Voepass era un voo regular doméstico de pasaxeiros dende Cascavel ata Guarulhos. O 9 de agosto de 2024, o ATR 72-500 que realizaba a ruta esnafrouse en Vinhedo, no estado de São Paulo. O avión estaba voando a unha altitude de 17 000 pés (5 200 m) antes de entrar en perda e caer nunha barrena chá cun rápido descenso.

Os 62 ocupantes do aparello morreron, sendo o accidente de aviación con máis vítimas mortais no Brasil dende o voo 3054 de TAM Airlines en xullo de 2007. O Centro de Investigación e Prevención de Accidentes Aeronáuticos (CENIPA) iniciou unha investigación sobre o accidente. Nos primeiros momentos tras o accidente, os expertos en aviación especularon que a acumulación de xeo podería ser un factor. Ámbalas dúas caixas negras foron recuperadas e analizadas polo CENIPA, que publicou un informe preliminar confirmando que os pilotos enfrontaron dificultades coa acumulación de xeo e os intentos de desxeo.

O aparello implicado era un turbohélice ATR 72-500 de 14 anos de idade, rexistrado como PS-VPB e co número de serie 908, impulsado por dous motores Pratt & Whitney Canada PW127M.[1][2][3][4] Fora mercado por Voepass en setembro de 2022 á aeroliña indonesia Pelita Air Service.[5]

Tripulación e pasaxeiros

[editar | editar a fonte]

Ao mando estaba o capitán Danilo Santos Romano de 35 anos, e o primeiro oficial Humberto Alencar e Silva de 61.[6] As asistentes de cabina eran Débora Soper Ávila, de 28 anos,[7] e Rubia Silva de Lima, de 41.[6] Todos os tripulantes e pasaxeiros eran brasileiros, aínda que tres deles tiñan dobre cidadanía con Venezuela e un con Portugal.[8][9][10] 27 dos pasaxeiros residían en Cascavel.[11]

Entre as vítimas había 8 médicos, dos cales 6 eran oncólogos que viaxaban a unha conferencia sobre cancro en São Paulo,[12] 4 profesores da Universidade Estadual do Oeste do Paraná, dous traballadores da Universidade Tecnológica Federal do Paraná, e 2 nenos.[13][14] Polo menos 10 pasaxeiros con billete non subiron ao voo porque estaban esperando na porta equivocada.[15]

Accidente

[editar | editar a fonte]

A aeronave voaba dende Cascavel, Paraná, ata a cidade de Guarulhos, São Paulo.[15] Na área do accidente había un aviso SIGMET (información meteorolóxica significativa) activo por xeada severa de 12 000 a 21 000 pés (3 700 a 6 400 m).[1][2][16] Os informes meteorolóxicos no momento do accidente indicaban que había zonas de turbulencias, tormentas e xeada nas zonas que rodeaban o lugar do sinistro.[17]

Segundo Flightradar24, a aeronave estaba voando a 17 000 pés (5 200 m) cando, ás 13:21 hora local, sufriu unha breve perda de altitude e despois gañou altitude brevemente.[17] Pouco despois, o avión entrou no que parecía ser unha barrena chá[18][19] e nun descenso pronunciado e terminal. A última transmisión de datos e a perda de contacto do radar produciuse ás 13:22, antes do accidente. Os datos ADS-B indicaron que a aeronave alcanzara unha taxa de descenso vertical máxima de 24 000 pés por minuto (120 m/s).[17][20] A Forza Aérea Brasileira dixo que o voo non declarou unha emerxencia.[21]

Os bombeiros informaron de que o avión estrelouse en Vinhedo, no estado de São Paulo,[22] a 76 quilómetros (47 mi) ao noroeste da cidade de São Paulo.[23] O avión estrelouse preto dun condominio no barrio de Capela.[24] A pesar de que as primeiras noticias falaban de que o avión impactara contra varias casas,[15] o aparello esnafrouse no xardín dianteiro dunha casa e ninguén en terra resultou morto ou ferido.[25] Varios videos de antes do impacto mostran ao avión nunha barrena cha, co morro lixeiramente inclinado cara abaixo, e foron amplamente compartidos nas redes sociais.[15][23] A canle de noticias de televisión brasileira GloboNews emitiu imaxes aéreas dende a zona do lugar do accidente, mostrando lume e fume que saían dos restos do avión.[22][26][27]

As 62 persoas que ían a bordo do avión, 58 pasaxeiros e 4 tripulantes, morreron, xunto cun can que levaban a bordo os pasaxeiros venezolanos.[28][29] A maioría dos cadáveres atopados no lugar do accidente quedaron calcinados, o que dificultou a identificación das vítimas.[30]

  1. 1,0 1,1 "Crash: Voepass AT72 at Sao Paulo on Aug 9th 2024, spun out of control and lost height". The Aviation Herald. Consultado o 2025-01-04. 
  2. 2,0 2,1 Kaminski-Morrow, David. "Voepass ATR 72 crashes near Sao Paulo". Flight Global (en inglés). Consultado o 2025-01-04. 
  3. "Brazil plane crash: No survivors after São Paulo state crash kills 62". www.bbc.com (en inglés). Consultado o 2025-01-04. 
  4. "Consultas ao RAB". sistemas.anac.gov.br. Consultado o 2025-01-04. 
  5. Buzeli, Adriano Moura (2022-09-11). "VOEPASS recebeu na tarde de hoje seu mais novo ATR72-500". Revista Piloto Ribeirão (en portugués). Consultado o 2025-01-04. 
  6. 6,0 6,1 "Comissária de Ribeirão Preto, SP, morta em queda de avião da Voepass estava na empresa há 14 anos". G1 (en portugués). 2024-08-09. Consultado o 2025-01-05. 
  7. "Comissária de avião da Voepass que caiu em Vinhedo se dizia 'apaixonada pela aviação' | Rio Grande do Sul". G1 (en portugués). 2024-08-09. Consultado o 2025-01-05. 
  8. Nicas, Jack; Ionova, Ana (2024-08-10). "What Caused a Plane to Fall From the Sky in Brazil?". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2025-01-05. 
  9. "Portuguese national among those killed in Brazil plane crash". euronews (en inglés). 2024-08-10. Consultado o 2025-01-05. 
  10. "Corpo de cachorro é encontrado aos pés de família venezuelana que morreu em tragédia aérea em Vinhedo". G1 (en portugués). 2024-08-10. Consultado o 2025-01-05. 
  11. "Brazil's air force flies the remains of 3 victims of last week's plane crash to their families". AP News (en inglés). 2024-08-13. Consultado o 2025-01-05. 
  12. "Avião que caiu em Vinhedo levava médicos que iam a congresso de oncologia". Estadão (en portugués). Consultado o 2025-01-05. 
  13. "Families of Brazilian plane crash victims gather in Sao Paulo as French experts join investigation". AP News (en inglés). 2024-08-11. Consultado o 2025-01-05. 
  14. "Saiba quem são as 62 vítimas do voo da Voepass". Poder360 (en portugués). 2024-08-10. Consultado o 2025-01-05. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 Pozzebon, AnneClaire Stapleton, Tara John, Duarte Mendonça, Paul P. Murphy, Mohammed Tawfeeq, Stefano (2024-08-09). "Brazilian passenger plane crash outside São Paulo kills 62". CNN (en inglés). Consultado o 2025-01-05. 
  16. Yoon, John (2024-08-10). "What We Know About the Plane Crash in Brazil". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2025-01-05. 
  17. 17,0 17,1 17,2 Petchenik, Ian (2024-08-09). "VoePass ATR 72 crashes near São Paulo". Flightradar24 Blog (en inglés). Consultado o 2025-01-05. 
  18. "French experts join investigation into Brazil airliner crash". PBS News (en inglés). 2024-08-12. Consultado o 2025-01-05. 
  19. "Plane crashes in Brazil's Sao Paulo state, killing all 61 aboard, airline says - ABC News". web.archive.org. 2024-08-14. Archived from the original on 14 de agosto de 2024. Consultado o 2025-01-05. 
  20. "Eight cancer doctors among dead in Brazil plane crash – after others changed flight". The Independent (en inglés). 2024-08-12. Consultado o 2025-01-05. 
  21. "Avião que caiu em Vinhedo não reportou emergência, diz FAB". G1 (en portugués). 2024-08-09. Consultado o 2025-01-05. 
  22. 22,0 22,1 "Plane crashes in Brazil's Sao Paulo state, killing all 61 aboard, airline says". AP News (en inglés). 2024-08-09. Consultado o 2025-01-05. 
  23. 23,0 23,1 Rogero, Tiago (2024-08-10). "Brazilian emergency crews recover remains of at least 50 plane crash victims". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2025-01-05. 
  24. "Queda de avião mata 62 pessoas em Vinhedo". G1 (en portugués). Consultado o 2025-01-05. 
  25. "Queda de avião com 62 mortos em Vinhedo: o que se sabe e o que falta saber sobre a maior tragédia aérea desde 2007". G1 (en portugués). 2024-08-09. Consultado o 2025-01-07. 
  26. Nicas, Jack; Motoryn, Paulo; Chokshi, Niraj (2024-08-09). "Passenger Plane Crashes in Brazil, Killing 61 Onboard". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2025-01-07. 
  27. "All 61 people aboard plane killed in Brazil crash". NBC News (en inglés). 2024-08-10. Consultado o 2025-01-07. 
  28. "Rescuers retrieve remains of all 62 passengers in Brazil plane crash. Families gather in Sao Paulo". AP News (en inglés). 2024-08-10. Consultado o 2025-01-07. 
  29. "Brazil plane crash: Cancer doctors and family with dog among dead". www.bbc.com (en inglés). Consultado o 2025-01-07. 
  30. "'Corpos estão carbonizados', diz secretário de segurança de SP após queda de avião". www.otempo.com.br (en portugués). Consultado o 2025-01-07.