Voo 2120 de Nigeria Airways

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 2120 de Nigeria Airways
Nationair DC-8-61 C-GMXQ FAO 1989.png
O DC-8 do accidente
Resumo
Data  11 de xullo de 1991
Causa  pneumático pouco inflado que
se sobrequentou, incendiándose
pouco despois da engalaxe
Lugar  Aeroporto Rey Abdulaziz
Finados  261 (todos)
Aeronave
Tipo de aeronave Douglas DC-8
Operador  Nationair, operando
para Nigeria Airways
Rexistro  C-GMXQ
Pasaxeiros  247
Tripulación  14
Superviventes  0

O voo 2120 de Nigeria Airways foi un voo chárter de pasaxeiros dende Jeddah, Arabia Saudí ata Sokoto, Nixeria o día 11 de xullo de 1991 que se estrelou pouco despois de engalar do Aeroporto Internacional Rey Abdulaziz. Morreron as 247 pasaxeiros e 14 tripulantes a bordo do aparello. O avión era un Douglas DC-8 operado por Nationair para Nigeria Airways. O voo 2120 foi o peor accidente dun DC-8[1][2] e é un dos peores dunha aeroliña canadense.[3]

Avión e tripulación[editar | editar a fonte]

O avión involucrado no accidente era un Douglas DC-8-61 fabricado en 1968 con rexistro C-GMXQ. Pertencía á compañía canadense Nolisair e normalmente operaba para Nationair; no momento do accidente estaba sendo alugado a Nigeria Airways, que á súa vez sub-alugouno a outra compañía para transportar peregrunos nixerianos á Meca.[4]

William Allan, o piloto de 47 anos ao mando, era un antigo piloto da Forza Aérea do Canadá e tiña 10 700 horas de voo, das cales 1 000 foran no DC-8. O primeiro oficial Kent Davidge, de 36 anos, teña 8 000 horas de voo, 550 delas no DC-8. O enxeñeiro de voo Victor Fehr, de 46 anos, tiña 7 500 horas, das cales 1 000 foran neste modelo.[5][6] O DC-8 era o principal avión usado pola aeroliña.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aviation Safety Network (ed.). "Descrición do accidente". Consultado o 19 de xaneiro de 2017. 
  2. Flightglobal (ed.). "Airline safety review – Fatal accidents: Non-scheduled passenger flights". Consultado o 19 de xaneiro de 2017. 
  3. IMBd (ed.). "Mayday (Season 11 - Episode 9 - Under Pressure". Consultado o 19 de xaneiro de 2017. 
  4. Flight International (ed.). "Confusion over Saudi DC-8 crash". Consultado o 30 de xaneiro de 2017. 
  5. Flight Safety Foundation (ed.). "Tire Failure on Takeoff Sets Stage for Fatal Inflight Fire and Crash". Consultado o 30 de xaneiro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 IMDb (ed.). "Mayday (Under Pressure)". Consultado o 30 de xaneiro de 2017.