Voo 2100 de Bek Air

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 2100 de Bek Air
O avión accidentado en 2011
operando con Contact Air
Resumo
Data  27 de decembro de 2019
Causa  baixo investigación
Lugar  preto do aeroporto de Almati
Coordenadas  Coordenadas: 43°21′55″N 77°04′17″L / 43.365277777778, 77.071388888889
Orixe  aeroporto de Almati
Destino  aeroporto de Nursultán
Nazarbáyev
Finados  12
Feridos  67
Aeronave
Tipo de aeronave Fokker 100
Operador  Bek Air
Rexistro  UP-F1007
Pasaxeiros  93
Tripulación  5
Superviventes  86

O voo 2100 de Bek Air era unha ruta doméstica de pasaxeiros entre Almati e Nur-Sultan, Casaquistán, operado por un Fokker 100 que se esnafrou o día 27 de decembro de 2019 mentres engalaba do aeroporto internacional de Almati.[1][2] Había 98 persoas a bordo, 93 pasaxeiros e 5 tripulantes.[3][4] Doce persoas morreron no accidente e 67 resultaron feridas.[3][4][5]

Avión[editar | editar a fonte]

O aparello implicado era un Fokker 100 contruído en 1996 e que anteriormente voara con Formosa Airlines, Mandarin Airlines, Contact Air, e OLT Express Germany, antes de unirse á frota de Bek Air en 2013 co rexistro UP-F1007. O avión foi alugado a Kam Air en setembro de 2016, e despois volveu. O aparello tamén foi alugado a Safi Airways en febreiro de 2017, regresou a Bek Air, e finalmente foi alugado a Air Djibouti en decembro de 2018, antes de incorporarse novamente á frota de Bek Air. O Fokker 100 estivo en servizo con Bek Air ata o día do accidente.[6][7] O seu certificado de aeronavegabilidade fora renovado o 22 de maio de 2019.[8]

Accidente[editar | editar a fonte]

O avión chocou contra un edificio xusto despois de engalar do aeroporto internacional de Almati en Casaquistán. O aparello engalou da pista 05R e perdeu altura pouco despois. Segundo se informou, xirou cara á dereita e golpeou o valado perimetral de cemento antes de impactar contra dous almacéns nunha área residencial, preto do perímetro do aeroporto ao redor das 7:22 hora local.[3] A parte frontal do avión separouse da fuselaxe principal, recibindo un dano considerable, e a cola tamén rompeu. Doce persoas, incluído o capitán, morreron, e 67 quedaron feridas.[9] Entre a pasaxe había cinco nenos e tres bebés.[3][8]

Un dos superviventes, o empresario Aslan Nazarliev, dixo que vira xeo nas ás. Nunha conversa telefónica dixo, "A á esquerda sacudíuse moi forte. Despois notei que se sacudiu a dereita. E o avión comezou a balancearse como un bote".[10] Nazarliev continuou, "Cando engalamos, o avión comezou a tremer moi forte e eu sabía que ía caer... Todas as persoas que pisaron a á caeron, porque había xeo. Non podo dicir que [antes de engalar] as ás non se lles botase anticonxelante, pero o feito é que había xeo".[11] A temperatura no momento era de -12 °C e a visibilidade era de 1 000 metros, cunha densa néboa na zona.[7][12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "В Казахстане разбился пассажирский самолет". lenta.ru. Consultado o 2020-01-03. 
  2. Troianovski, Anton (2019-12-26). "Kazakhstan Plane Crash Kills at Least 12 People". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-01-03. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 CNN, Nathan Hodge, Adam Renton and Bianca Britton. "Plane with almost 100 onboard crashes in Kazakhstan, killing 12 people". CNN. Consultado o 2020-01-03. 
  4. 4,0 4,1 "Путаницу с количеством жертв при крушении самолета Bek Air признали чиновники". Tengrinews.kz (en ruso). 2019-12-28. Consultado o 2020-01-03. 
  5. "12 killed, dozens hurt after jetliner crashes in Kazakhstan". AP NEWS. 2019-12-27. Consultado o 2020-01-03. 
  6. "Bek Air UP-F1007 (Fokker 70/100 - MSN 11496) (Ex B-12292 D-AFKC ) | Airfleets aviation". www.airfleets.net. Consultado o 2020-01-03. 
  7. 7,0 7,1 "Bek Air flight Z92100 crashes shortly after take off from Almaty". Flightradar24 Blog (en inglés). 2019-12-27. Consultado o 2020-01-03. 
  8. 8,0 8,1 "Fokker 100 Crashes In Kazakhstan Leaving At Least 15 Dead". Simple Flying (en inglés). 2019-12-27. Consultado o 2020-01-03. 
  9. "Kazakhstan plane crash: Bek Air plane comes down near Almaty airport - BBC News". web.archive.org. 2019-12-30. Archived from the original on 30 de decembro de 2019. Consultado o 2020-01-03. 
  10. Chadwick, Lauren (2019-12-27). "Survivor describes moment jet crashed into building in Kazakhstan". euronews (en inglés). Consultado o 2020-01-03. 
  11. "Al menos 12 muertos en un accidente de avión de pasajeros en Kazajistán: "Supe que se iba a caer"". ELMUNDO (en castelán). 2019-12-27. Consultado o 2020-01-03. 
  12. "Dozens survive Kazakhstan plane crash" (en inglés). 2019-12-27. Consultado o 2020-01-03.