Voo 200 de Garuda Indonesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 200 de Garuda Indonesia
O avión accidentado con outra aeroliña
Resumo
Data  7 de marzo de 2007
Causa  erro do piloto
Lugar  aeroporto Adisutjipto
Coordenadas  Coordenadas: 7°47′17″S 110°25′54″L / -7.78805556, 110.43166667
Orixe  aeroporto Soekarno-Hatta
Destino  aeroporto Adisutjipto
Finados  21
Feridos  112
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-497
Operador  Garuda Indonesia
Rexistro  PK-GZC
Pasaxeiros  133
Tripulación  7
Superviventes  119

O voo 200 de Garuda Indonesia era un servizo regular doméstico de pasaxeiros entre Iacarta e Yogyakarta, Indonesia.[1] O día 7 de marzo de 2007 o Boeing 737-400 que operaba a ruta saíuse da pista, esnafrouse nun campo de arroz e estoupou mentres aterraba no aeroporto Adisucipto. 20 pasaxeiros e un tripulante morreron. Os dous pilotos conseguiron sobrevivir.[2]

Avión[editar | editar a fonte]

O aparello era un Boeing 737-497, con rexistro PK-GZC, que operara con outras aeroliñas antes de ser mercado por Garuda Indonesia.[3] O avión acumulara máis de 35 200 horas de voo en 37 300 ciclos dende o seu primeiro voo en 1992.[4]

Tripulación[editar | editar a fonte]

O capitán era Muhammad Marwoto Komar, de 44 anos, que traballara en Garuda Indonesia durante máis de 21 anos. Tiña acumuladas 13 421 horas de voo, incluídas 3 703 horas no Boeing 737. O primeiro oficial era Gagam Saman Rohmana, de 30 anos, que levaba na aeroliña tres anos e tiña 1 528 horas de voo, das cales 1 353 eran no Boeing 737.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Indonesia crash survivors describe ordeal". swissinfo. 2007-09-30. Archived from the original on 30 de setembro de 2007. Consultado o 2019-01-19. 
  2. "Information on passengers of GA200". Garuda Indonesia. 2007-03-09. Archived from the original on 09 de marzo de 2007. Consultado o 2019-01-19. 
  3. "PK-GZC Garuda Indonesia Boeing 737-400". www.planespotters.net (en inglés). Consultado o 2019-01-19. 
  4. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 737-497 PK-GZC Yogyakarta-Adisutjipto Airport (JOG)". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-19.