Voo 1 de American Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 1 de American Airlines
Boeing 707 semellante ao do accidente
Resumo
Data  1 de marzo de 1962
Causa  mal mantemento
Lugar  Jamaica Bay
Coordenadas  Coordenadas: 40°37′04″N 73°50′13″O / 40.61777778, -73.83694444
Orixe  aeroporto Idlewild
Destino  aeroporto dos Ánxeles
Finados  95
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 707-123B
Operador  American Airlines
Rexistro  N7506A
Pasaxeiros  87
Tripulación  8
Superviventes  0

O voo 1 de American Airlines era un servizo regular doméstico de pasaxeiros entre o aeroporto Idlewild en Nova York e o aeroporto dos Ánxeles. O día 1 de marzo de 1962 o Boeing 707 deuse a volta e esnafrouse na Jamaica Bay dous minutos despois da engalaxe, matando os 87 pasaxeiros e 8 tripulantes a bordo. Unha investigación da Xunta de Aeronáutica Civil (CAB) determinou que un defecto de fabricación no sistema do piloto automático levou a unha entrada no sistema de control do temón non comandada, causando o accidente, no que morreron bastantes personalidades notables. Foi o quinto accidente fatal dun Boeing 707 e, no seu momento, o que máis vítimas tivo.[1]

Avión[editar | editar a fonte]

O aparello era un Boeing 707-123B con rexistro N7506A. Fora entregado a American Airlines o 12 de febreiro de 1959. No momento do accidente o avión acumulaba 8 147 horas de voo. A súa derradeira inspección periódica fora o 18 de xaneiro, con 7 922 horas de voo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 707-123B N7506A Jamaica Bay, NY". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-09. 
  2. "Informe do accidente". CAB. Archived from the original on 28 de maio de 2015. Consultado o 2019-1-16.