Saltar ao contido

Voo 185 de SilkAir

Voo 185 de SilkAir
Restos recuperados do avión
Resumo
Data  19 de decembro de 1997
Causa  disputada
Lugar  río Musi, Palembang
Coordenadas 
Orixe  aeroporto Soekarno-Hatta
Destino  aeroporto de Singapur
Finados  104
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-36N
Operador  SilkAir
Rexistro  9V-TRF
Pasaxeiros  97
Tripulación  7
Superviventes  0

O voo 185 de SilkAir era un voo regular de pasaxeiros operado por un Boeing 737-300 dende Iacarta, Indonesia, ata Singapur, que se esnafrou no río Musi preto de Palembang, no sur de Sumatra o día 19 de decembro de 1997, matando aos 97 pasaxeiros e 7 tripulantes a bordo.[1]

A causa do accidente foi investigada independentemente por dúas axencias en dous países: nos Estados Unidos pola Xunta Nacional de Seguridade no Transporte (NTSB), e en Indonesia polo Comité Nacional de Seguridade no Transporte (NTSC).[2] A NTSB, que tiña xurisdición pola fabricación de Boeing do aparello nos Estados Unidos, investigou o accidente baixo o liderado de Greg Feith. A súa investigación concluíu que o accidente foi o resultado de entradas de control deliberadas de voo, moi probablemente do capitán.[3][4] A NTSC indonesia, liderada polo profesor de enxeñería Oetarjo Diran, foi incapaz de determinar a causa do accidente.[5]

Outro factor potencial que levou ao accidente do 737 foi a unidade de control de potencia (PCU) que controlaba o temón do avión. A causa dalgúns accidentes de 737 como o voo 427 de USAir fora atribuída a problemas do temón do avión. Aínda que a NTSB e o fabricante do PCU, Parker Hannifin, xa determinaran que a unidade traballaba correctamente, e polo tanto non fora a causante do accidente, unha investigación privada do accidente por unha demanda civil xulgada por un tribunal estatal nos Ánxeles, que non permitiu escoitar ou considerar as conclusións da NTSB e de Parker Hannifin, decidiu que o accidente fora causado por unha válvula servo defectuosa dentro da PCU, baseándose en achados forenses cun microscopio electrónico que determinaron que os pequenos defectos dentro da PCU causaran o bloqueo do temón e un voo incontrolado que levou ao accidente.[5] O fabricante do control do temón e as familias chegaron posteriormente a un acordo extraxudicial.[6]

O aparello que operaba o voo 185 era un Boeing 737-300 con número de serie 28556 e rexistro 9V-TRF, equipado con dous motores CFM56-3B2.[7] O seu primeiro voo foi o 27 de xaneiro de 1997 e entregouse a SilkAir o 14 de febreiro, 10 meses antes do sinistro.[8] No momento do accidente era o avión máis novo na frota da aeroliña e acumulaba 2 238 horas de voo en 1 306 ciclos.[9][10]

  1. Sinha, Shreeya (2015-03-26). "A History of Crashes Caused by Pilots’ Intentional Acts". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-03-01. 
  2. "SilkAir Flight 185: Controversial Crash - AviationKnowledge". aviationknowledge.wikidot.com. Consultado o 2018-12-28. 
  3. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 737-36N 9V-TRF Palembang". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 2018-12-28. 
  4. "Final flight: SilkAir" (PDF). Flight Safety Australia. Archived from the original on 27 de febreiro de 2009. Consultado o 2018-12-28. 
  5. 5,0 5,1 "Pushed to the Limit". Mayday. Tempada 12. 2012. Discovery Channel Canada / National Geographic Channel.
  6. "SilkAir crash families finally receive answers with court verdict", Channel NewsAsia, 15 de xullo de 2004
  7. "Accident Silkair Flight 185 9V-TRF". www.airfleets.net. Consultado o 2021-11-25. 
  8. "9V-TRF SilkAir Boeing 737-36N - cn 28556 / ln 2851 - Planespotters.net Just Aviation". web.archive.org. 2013-11-09. Archived from the original on 09 de novembro de 2013. Consultado o 2021-11-25. 
  9. "Informe do accidente" (PDF). dephub.go.id. Archived from the original on 10 de xaneiro de 2014. Consultado o 25 de novembro de 2021. 
  10. "SilkAir". web.archive.org. 1998-02-24. Archived from the original on 24 de febreiro de 1998. Consultado o 2021-11-25.