Voo 171 de Air India
| Voo 171 de Air India | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
O voo 171 de Air India era un servizo internacional regular de Air India entre o aeroporto de Ahmedabad e o aeroporto de Londres-Gatwick. O 12 de xuño de 2025, ás 13:38 IST, o Boeing 787-8 Dreamliner que operaba o voo esnafrouse pouco despois da engalaxe contra o bloque de albergues do B. J. Medical College no barrio de Meghaninagar en Ahmedabad, India.
No avión viaxaban 230 pasaxeiros e 12 tripulantes. Das 242 persoas a bordo só un pasaxeiro sobreviviu ao accidente. En terra morreron ademais polo menos outras 38 persoas. O accidente marcou a primeira perda total[1] dun Boeing 787 Dreamliner e o primeiro accidente deste modelo con vítimas mortais.
Avión
[editar | editar a fonte]O aparello implicado era un Boeing 787-8 Dreamliner de 11 anos con rexistro VT-ANB e número de serie 36279.[2][3] O avión foi ensamblado na fábrica de Boeing en Everett[4][5] e incluía seccións de fuselaxe fabricadas nas instalacións de Boeing en Charleston.[6] Foi entregado a Air India o 28 de xaneiro de 2014[4] e estaba propulsado por dous motores General Electric GEnx-1B67.[7]
Pasaxeiros e tripulación
[editar | editar a fonte]O voo transportaba 242 persoas, entre elas 230 pasaxeiros (11 deles nenos e 2 bebés), xunto con 2 pilotos e 10 auxiliares de voo.[8][9] A lista de pasaxeiros incluía 169 cidadáns indios, 53 británicos, 7 portugueses e un canadense.[10][11][12]
O voo estaba comandado polo capitán Sumeet Sabharwal, de 55 anos e con 8 200 horas de experiencia de voo, e o primeiro oficial Clive Kunder, de 32 anos e 1 100 horas de experiencia de voo.[13][14]
Accidente
[editar | editar a fonte]O voo 171 engalou da pista 23 do aeroporto de Ahmedabad ás 13:38 IST (08:08 UTC) con destino a Londres-Gatwick. Segundo os informes METAR emitidos arredor da hora da saída, os ventos na superficie do aeroporto eran lixeiros, con velocidades que oscilaban entre os 3 e os 6 nós; a visibilidade era de 6 quilómetros (3,7 millas); e non había nubes significativas.[15][16]
O transpondedor ADS-B da aeronave informou dunha altitude de presión máxima duns 625 pés (191 m) sobre a pista antes de que o sinal se perdese ás 08:08:50 UTC.[17] A tripulación de voo emitiu unha chamada de emerxencia despois de 36 segundos,[18] informando dunha perda de potencia e pulo pouco despois da engalaxe.[19]
Un vídeo do incidente, captado por unha cámara de seguridade xunto á pista, mostrou o avión gañando altitude inicialmente antes de descender gradualmente mentres parecía cabecear cara arriba e logo, fóra de vista, estrelándose uns trinta segundos despois da engalaxe, seguido dunha columna de lume e fume.[20]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Air India Crash Becomes First Full Loss of Boeing 787 Dreamliner". Bloomberg.com (en inglés). Consultado o 2025-06-17.
- ↑ "Gujarat Air India Plane Crashed Into Ahmedabad Doctors' Hostel, 25 Doctors Injured". news.abplive.com (en inglés). 2025-06-12. Consultado o 2025-06-17.
- ↑ "Jet Crash in India Kills Hundreds, Spurs Frantic Survivor Search". Bloomberg.com (en inglés). Consultado o 2025-06-18.
- 1 2 Hemmerdinger, Jon. "US investigators head to India to assist with 787-8 inquiry". Flight Global (en inglés). Consultado o 2025-06-18.
- ↑ Henneke, Michael (2025-06-12). "Boeing plane in Air India crash was built in Everett". HeraldNet.com (en inglés). Consultado o 2025-06-18.
- ↑ Tkacik, Maureen (2025-06-12). "One of the Dreamliners That Gave a Boeing Manager Nightmares Just Crashed". The American Prospect (en inglés). Consultado o 2025-06-18.
- ↑ "Air India Boeing 787-8 Crashes After Takeoff". Aviation Week Network. Consultado o 2025-06-18.
- ↑ "Fiery Air India crash kills 241 people aboard, leaving 1 survivor, airline says". AP News (en inglés). 2025-06-12. Consultado o 2025-06-18.
- ↑ "Why did Ahmedabad-London Air India flight crash? Black box holds all answers – here’s what it is". Financialexpress (en inglés). 2025-06-13. Consultado o 2025-06-18.
- ↑ "Ahmedabad plane crash: 241 killed on board flight, only one survivor". Hindustan Times (en inglés). 2025-06-12. Consultado o 2025-06-18.
- ↑ Leathong, Bryann Aguilar, Sean (2025-06-14). "‘No words’: Toronto dentist killed in Air India crash on her way home from trip, family friend says". CTVNews (en inglés). Consultado o 2025-06-18.
- ↑ "Crash: India B788 at Ahmedabad on Jun 12th 2025, lost height shortly after takeoff, no thrust reported". The Aviation Herald. Consultado o 2025-06-18.
- ↑ Kumar, Hari; Mashal, Mujib (2025-06-15). "A Takeoff, a Mayday Call, and Two Pilots Who Never Made it Home". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2025-06-18.
- ↑ "Air India Ahmedabad-London flight crashes near airport shortly after takeoff; 274 dead". The Times of India. 2025-06-14. ISSN 0971-8257. Consultado o 2025-06-18.
- ↑ Ranter, Harro. "Accident Boeing 787-8 Dreamliner VT-ANB, Thursday 12 June 2025". asn.flightsafety.org. Consultado o 2025-06-18.
- ↑ Rodger, James (2025-06-12). "Major Air India flight AI171 theory 'ruled out' just one hour after crash". Birmingham Live (en inglés). Consultado o 2025-06-18.
- ↑ Petchenik, Ian (2025-06-12). "Air India 171 crashes shortly after take off from Ahmedabad". Flightradar24 Blog (en inglés). Consultado o 2025-06-18.
- ↑ "Minister says black box found at crash site as families await answers". BBC News (en inglés). Consultado o 2025-06-18.
- ↑ "‘Unable to lift’: Pilot’s desperate mayday call as Air India plane went down". The Independent (en inglés). 2025-06-13. Consultado o 2025-06-18.
- ↑ Radford, Sophie Tanno, Antoinette (2025-06-12). "More than 290 feared dead after plane crashes outside airport in Indian city of Ahmedabad". CNN (en inglés). Consultado o 2025-06-18.