Voo 1502 de American Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 1502 de American Airlines
Boeing 707 de American Airlines
semellante ao do accidente
Resumo
Data  28 de xaneiro de 1961
Causa  perda de control
Lugar  no mar, a 8 km de
Montauk Point, Nova York
Coordenadas  Coordenadas: 41°03′42″N 72°02′20″O / 41.06166667, -72.03888889
Orixe  Nova York-JFK
Destino  Nova York-JFK
Finados  6
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 707-123
Operador  American Airlines
Rexistro  N7502A
Pasaxeiros  0
Tripulación  6
Superviventes  0

O voo 1502 de American Airlines era un voo de adestramento da tripulación dende o aeroporto internacional Idlewild. O 28 de xaneiro de 1961 o avión esnafrouse no océano a 8 quilómetros de Montauk Point, Nova York. Os seis tripulantes a bordo do avión morreron no accidente.[1]

Avión[editar | editar a fonte]

O avión era un Boeing 707-123 rexistrado nos Estados Unidos como N7502A e bautizado Flagship Oklahoma. Voou por vez primeira o 2 de novembro de 1957 e foi entregado a American Airlines o 27 de xaneiro de 1958.[2]

Accidente[editar | editar a fonte]

O tempo era bo cando o aparello se esnafrou contra o océano, despois dunha inexplicable perda de control mentres realizaba un voo de adestramento, matando aos seus seus ocupantes.[1] A FAA estableceu como probable causa aunha "perda de control por unha razón indeterminada".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pither 1998, pp. 110-115
  2. Eastwood 1992, p. 51

Bibliografía[editar | editar a fonte]