Saltar ao contido

Voo 148 de Air Inter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 148 de Air Inter
Imaxe
 Instancia de
 Causado por
Características
 Representado por
 Nave
Datas
 Data
20 de xaneiro de 1992 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Air Inter (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
 País
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Número de feridos
   9 Editar o valor en Wikidata
 Mortes
   87 Editar o valor en Wikidata
 Número de superviventes
   9 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02w1syt Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O voo 148 de Air Inter era un servizo regular de pasaxeiros dende o aeroporto de Lión Satolas ata o aeroporto de Estrasburgo. O 20 de xaneiro de 1992 o Airbus A320 que operaba a ruta esnafrouse nas montañas Vosges, preto de Mont Sainte-Odile, mentres realizaba un circuíto para aterrar no aeroporto de Estrasburgo. 87 das 96 persoas a bordo morreron, mentres que as nove restantes resultaron feridas.[1]

O aparello era un Airbus A320-111, con rexistro F-GGED e número de serie 15. Voara por vez primeira o 4 de novembro de 1988 e fora entregado a Air Inter o 22 de decembro. No momento do accidente levaba acumuladas un total de 6 316 horas de voo.[1][2]

Accidente

[editar | editar a fonte]

O voo 148, comandado polo capitán de 42 anos Christian Hecquet e o primeiro oficial de 37 Joël Cherubin, saíu do aeroporto de Lión Satolas. Mentres era vectorizado para unha aproximación VOR/DME á pista 05 do aeroporto de Estrasburgo esnafrouse ás 19:20:33 CET contra as montañas a unha altura duns 800 metros.[1]

O pilotos non tiveron ningún aviso do inminente impacto porque Air Inter non tiña equipado ese avión cun sistema de alerta de proximidade ao terreo (GPWS).

O accidente ocorreu pola noite, con nubes baixas e neve lixeira. Porén, a resposta dos equipos de emerxencia foi lenta, xa que os primeiros en atopar o lugar do accidente foron os xornalistas catro horas despois.

O voo 148 foi o terceiro dunha serie de accidentes causados, polo menos en parte, polo que se cría que era unha falta de familiaridade dos pilotos co sofisticado ordenador do Airbus A320. A Oficina de Investigación e Análise para a Seguridade da Aviación Civil (BEA) cre que o voo 148 se esnafrou debido a que os pilotos configuraron sen querer o piloto automático no modo de Velocidade Vertical, en vez de no modo de Ángulo de Traxectoria do Voo, inserindo "33" por "3.3° como ángulo de descenso", o que para o piloto automático significaba unha taxa de descenso de 3 300 pés (1 000 m) por minuto.[1]

Os investigadores determinaron que non houbo unha única causa do accidente, senón que múltiples factores contribuíron ao desastre. Na aproximación ao aeroporto o control de tráfico aéreo avisou incorrectamente á tripulación de que o avión estaba á dereita da pista, causando que os pilotos experimentasen unha gran carga de traballo. Cando os investigadores ingresaron a velocidade de descenso, que fora establecida nun simulador de voo, o avión inicialmente non se esnafrou. Investigacións posteriores revelaron, porén, que cando se introducía unha pequena cantidade de turbulencias, o sistema de seguridade do piloto automático aumentou aínda máis o ángulo de descenso, engadíndose así á cadea de eventos que levaron ao accidente.[3]

  1. 1 2 3 4 "Informe do accidente". BEA. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2012. Consultado o 2019-1-5.
  2. "Air Inter F-GGED (Airbus A320 - MSN 15) | Airfleets aviation". www.airfleets.net. Consultado o 2019-01-05.
  3. "The Final Blow". Mayday. Tempada 9. 2010. Discovery Channel Canada / National Geographic Channel.