Saltar ao contido

Voo 11 de Allied Air

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 11 de Allied Air
Imaxe
 Instancia de
 Nave
Datas
 Data
2 de xuño de 2012 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Allied Air (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Feridos4 Editar o valor en Wikidata
Mortes0 Editar o valor en Wikidata
Superviventes4 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
 País
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/0j_49jc Editar o valor en Wikidata
Número de vooDHV111 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O voo 11 de Allied Air foi un accidente de aviación ocorrido o sábado 2 de xuño de 2012 ao redor das 19:15 hora local no aeroporto de Kotoka en Accra, Ghana. Un Boeing 727-200 de carga operado por Allied Air[1] saíuse da pista na aterraxe, atravesou o valado do perímetro e golpeou un autobús na estrada. Os catro membros da tripulación sobreviviron, pero as 10 persoas a bordo do autobús morreron, xunto cun cicista e o pasaxeiro dun taxi.[2] Houbo ademais varios feridos en terra. Cando o avión se esnafrou había chuvia e pouca visibilidade na zona.

O goberno de Ghana anunciou que se formaría unha comisión de investigación do accidente.[3] A causa do accidente segundo a comisión de investigación foi que a tripulación calculou mal o punto de aterraxe, tocando máis adiante de onde debería.[4] Trátase do peor accidente de aviación de Ghana.[5]

Uns 20 anos antes o mesmo avión realizara o derradeiro voo para Pan American World Airways dende Bridgetown, Barbados ata Miami, Florida.[1]

  1. 1 2 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 727-221F 5N-BJN Accra-Kotoka Airport (ACC)". www.aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-12.
  2. "Allied Cargo B722 at Accra on Jun 2nd 2012, overran runway on landing". The Aviation Herald. Consultado o 2019-01-12.
  3. "President Inaugurates Accident Investigation Committe". Ghana Civil Aviation Authority. Archived from the original on 07 de marzo de 2014. Consultado o 2019-1-12.
  4. "Allied Air Crash Was Due To Human Error - The Ghanaian Times" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-12.
  5. Ranter, Harro. "Aviation Safety Network > Ghana". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-12.