O segmento entre Frankfurt e París dese día fora cancelado por Avianca. Como resultado, os pasaxeiros que tiñan que embarcar no voo 011 en Frankfurt realizaron a viaxe a París nun avión de Lufthansa. Debido a que tiveron que agardar por eses pasaxeiros, a saída de París atrasouse. Ás 23:31 o aparello comezou a descender cara ao Aeroporto de Madrid-Barajas. Durante o descenso o avión golpeou un outeiro, despois un segundo, e finalmente esnafrouse contra o chan desintegrándose.[2] Os seus 19 tripulantes, así como 162 dos 173 pasaxeiros morreron.[1] A causa do accidente foi un erro do piloto ao determinar incorrectamente a posición do avión.[1] A día de hoxe o voo 011 de Avianca é o segundo peor accidente aéreo en España, tras o accidente de Los Rodeos.[3] Avianca segue operando o voo 011, sendo un voo diario entre Madid e Bogotá operado por un Boeing 787–8.