Saltar ao contido

Voo 007 de Korean Air

Voo 007 de Korean Air
Esquematismo
Imaxe
 Instancia de
 Elemento operado
Características
 Representado por
 Nave
Datas
 Data
1 de setembro de 1983 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Localización
 Localización
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Número de feridos
   0 Editar o valor en Wikidata
 Mortes
 Número de superviventes
   0 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0r7f4 Editar o valor en Wikidata
Número de vooKE007 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O voo 007 de Korean Air (KAL007/KE007) era un voo regular de Korean Air Lines dende Nova York ata Seúl vía Anchorage, Alasca. O 1 de setembro de 1983 o Boeing 747-230B que cubría a ruta foi derrubado por un interceptor soviético Su-15 preto da illa de Moneron no mar do Xapón. O piloto do interceptor era o maior Gennadi Osipovich. Os 269 pasaxeiros e tripulantes a bordo morreron, entre os que estaba Larry McDonald, un representante do estado de Xeorxia na Cámara de Representantes dos Estados Unidos de América. O avión estaba en ruta dende Anchorage a Seúl condo voaba sobre espazo aéreo soviético prohibido máis ou menos á mesma hora que unha misión de recoñecemento estadounidense.

A Unión Soviética inicialmente negou ter coñecemento do incidente,[1] pero posteriormente admitiu ter derrubado o avión, afirmando que estaba nunha misión MASINT de espionaxe. O Politburó do Partido Comunista da Unión Soviética dixo que fora unha provocación deliberada dos Estados Unidos[2] para probar a reparación militar soviética, ou incluso para provocar unha guerra. A Casa Branca acusou á Unión Soviética de obstruír as operacións de busca e rescate. As Forzas Armadas Soviéticas suprimiron as probas buscadas pola investigación da Organización de Aviación Civil Internacional (ICAO), como as caixas negras do avión, que serían liberadas oito anos despois tras a disolución da Unión Soviética.

O incidente foi un dos momentos máis tensos da guerra fría e deu lugar a unha escalada do sentimento anti-soviético, particularmente nos Estados Unidos. Os puntos de vista opostos sobre o accidente nunca foron totalmente resoltos; a consecuencia diso, varios grupos continúan discutindo os informes oficiais e ofrecen teorías alternativas do accidente. A posterior publicación das transcricións das gravadoras do pola Federación Rusa clarificou algúns detalles.

Como resultado do incidente os Estados Unidos alterou os procedementos de seguimento dos avións que partían de Alasca. A interface do piloto automático usada nos avións de pasaxeiros foi redeseñada para facela máis ergonómica.[3] Ademais, o evento foi un dos acontecementos individuais máis importantes que impulsaron á administración Reagan a permitir o acceso ao sistema militar estadounidense de navegación por satélite DNSS, que era clasificado nese momento. Hoxe en día ese sistema é coñecido como GPS.

  1. Young & Launer, pp. xiii, 47
  2. Pearson, p. 145
  3. Degani, 2001