Volkswagen Touareg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Volkswagen Touareg

Matriz Grupo Volkswagen
Fabricante Volkswagen
País Alemaña Alemaña
Montaxe Bratislava, Eslovaquia
Kaluga, Rusia
Período 2002 - actualidade
Configuración
Tipo Automóbil todo terreo
Segmento Segmento E
Modelos relacionados
Antecesor Volkswagen 181


O Volkswagen Touareg é un automóbil todo terreo do segmento E producido polo fabricante alemán Volkswagen dende 2002. É un cinco prazas con carrozaría de cinco portas, motor frontal lonxitudinal e chasis monocasco, que se ofrece unicamente con tracción á catro rodas. Os seus principais rivais son o BMW X5, o Range Rover Sport, o Jeep Grand Cherokee, o Mercedes-Benz Clase M, o Porsche Cayenne e o Volvo XC90.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O Touareg (nomeado internamente como Typ 7L) foi un proxecto do Grupo Volkswagen, que tamén incluíu a Audi e Porsche, que andaban a pensar na posibilidade de engadir un SUV ao seu catálogo de produtos. O obxectivo era crear un vehículo todo terreo que se puidese conducir como un coche deportivo. O equipo, de máis de 300 persoas, foi dirixido por Klaus-Gerhard Wolpert, e tivo a súa base de operacións en Weissach im Tal (Alemaña). Como resultado desta empresa conxunta o Porsche Cayenne comparte co Touareg a plataforma PL71 do Grupo Volkswagen, e ambos modelos fabrícanse en Bratislava xunto co Audi Q7.

Primeira xeración (2002-2010)[editar | editar a fonte]

1ª xeración

Período 2002-2010
Dimensións
Lonxitude 4755 mm
Anchura 1930 mm
Altura 1725 mm
Distancia eixes 2855 mm
Modelos relacionados
Relacionado Porsche Cayenne


O Touareg de primeira xeración foi deseñado en conxunto polo Grupo Volkswagen e Porsche. Por esta razón, a súa plataforma é a mesma que a do Porsche Cayenne e similar á do Audi Q7. Todas as unidades fabrícanse en Eslovaquia e Rusia. Na reestilización a finais de 2006, o Touareg recibiu o frontal cromado que tamén incorporan outros modelos da marca.

Motores[editar | editar a fonte]

Gasolina
Modelo Ano Motor Potencia (rpm) Par (rpm)
3.2 V6 2002–2004 V6 de 3189 cc 276 CV (rpm)
3.6 V6 2004–2006 V6 de 3597 cc 238 CV (rpm)
4.2 V8 2002–2006 V8 de 4163 cc 306 CV (rpm)
6.0 W12 2005- W12 de 5998 cc 444 CV (6000 rpm) 600 Nm (3300 rpm)
Diésel
Modelo Ano Motor Potencia (rpm) Par (rpm)
2.5 R5 TDI 2003- L5 de 2460 cc 172 CV
3.0 V6 TDI 2004–2007 V6 Turbo de 2967 cc 222 CV
5.0 V10 TDI 2002-2007 V10 Turbo de 4921 cc 309 CV (3750 rpm) 750 Nm (2000 rpm)

Segunda xeración (2010-2018)[editar | editar a fonte]

2ª xeración

Período 2010-2018
Dimensións
Lonxitude 4795 mm
Anchura 1940 mm
Altura 1710 mm
Distancia eixes 2895 mm


A segunda xeración do Touareg foi presentada no Salón do Automóbil de Xenebra de 2010 e comezou a súa comercialización no segundo trimestre dese ano.

Ficha Técnica Touareg V6 TDI Touareg Hybrid Touareg 4.2 V8 TDI
Motor V6 a 90º V6 a 90º V8 a 90º
Cilindrada 2.967 cc 2.995 cc 4.134 cc
Alimentación inx. directa (conduto común), admisión variable, Turbo compresor de xeometría variable. Intercooler. inx. directa múltiple (conduto común), Turbo compresor de xeometría variable, Intercooler. inx. directa, con compresor, Intercooler.
Distribución 4 válvulas por cilindro, dúas árbores de levas en cada culata. 4 válvulas por cilindro, dúas árbores de levas en cada culata. 4 válvulas por cilindro, dúas árbores de levas en cada culata, Distribución Variable
Potencia máxima 240 CV a 4.000 rpm 333 CV a 6.500 rpm + 46 CV a 1.150 rpm 340 CV a 4.000 rpm
Par máximo 550  Nm a 2.500-2.250 rpm 440  Nm a 3.000-5.250 rpm + 300  Nm a 1.150 rpm 800  Nm a 1.750-2.750 rpm
Transmisión Automatica DSG, de oito marchas máis reversa
Tracción Integral 4Motion, control de estabilidad
Aceleración 0–100 km/h 7,8 s 6,5 s 5,8 s
Velocidad máxima 218 km/h 240 km/h 242 km/h
Consumo medio (l/100 km) aut (7,4 l/100 km) aut (8,2 l/100 km) aut (9,1 l/100 km)
Emisiones de CO2 aut (195 gr/km) aut (193 gr/km) aut (239 gr/km)

Terceira xeración[editar | editar a fonte]

3ª xeracíon

Deseño Frank Bruese
Período 2018-presente
Configuración
Plataforma Grupo Volkswagen MLB Evo
Dimensións
Lonxitude 4878 mm
Anchura 1984 mm
Altura 1717 mm
Distancia eixes 2894 mm
Modelos relacionados
Relacionado Porsche Cayenne
Audi Q7

A terceira xeración Touareg foi revelada o 23 de marzo de 2018 no Salón do Automóbil de Poznań. Facía fincapé na eficiencia do combustible. O vehículo é máis grande e usa a plataforma MLB do Grupo Volkswagen compartida co Porsche Cayenne e o Audi Q7.

Deportes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Volkswagen Race Touareg.

Palmarés[editar | editar a fonte]

VW Race Touareg conducido por Nasser Al-Attiyah no Rally Dakar 2010 (2ª posición).
Ano Competición Mellor posto Piloto(s)
2010 Rally Dakar Carlos Sainz
2010 Rally Ruta da Seda Carlos Sainz[1]
2009 Rally Dakar Giniel de Villiers
2009 Rally Ruta da Seda Carlos Sainz

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]