Volei de praia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O volei de praia (coñecido tamén como voleibol de praia ou volei) é un deporte praticado na area da praia, nun campo dividido en dúas metades por unha rede. Cada un dos equipos tenta pasar sobre a rede unha bóla, que os adversarios devolven sen deixar caer na súa metade. É un deporte moi popular en diversos países, principalmente no Brasil e nos Estados Unidos de América.

Nos diversos campionatos realizados por todo o mundo, hai modalidades para equipos de dous a catro atletas. Nos Xogos Olímpicos só se disputa a modalidade con equipos de dous atletas, nas versións masculina e feminina.

Historia[editar | editar a fonte]

O voleibol de praia evolucionou a partir dos xogos de voleibol disputados socialmente nas praias de Santa Mónica na California, USA, na década de 1920, tendo chegado a Europa na década seguinte. Na década de 1940, disputábanse dous torneos amadores nas praias de Santa Mónica onde mais tarde se tentou, sen éxito, comezar un campionato profesional. Aínda en Santa Mónica, durante a década de 1970 comezaran a realizarse algúns torneos profesionais, patrocinados por empresas de cervexa e cigarros.

En 1996, nos Xogos Olímpicos de 1996, o voleibol de praia pasou a integra-lo programa dos Xogos Olímpicos. Na categoría feminina, a primeira medalla douro na modalidade foi conquistada por unha parella brasileira, Jacqueline Silva e Sandra Pires, tendo como medalla de prata as tamén brasileiras Mónica Rodrigues e Adriana Samuel. Os dobres de portugueses Miguel Maia e João Brenha conseguiron dúas cuartas posicións consecutivas, nos xogos de 1996 e de Sidney 2000.

Caracteriza este deporte a súa adecuación ao entorno e temperatura, polo que os xogadores visten cadanseu traxe de baño e xogan descalzos. Tamén se caracteriza polo uso de música de ambiente, e abundancia de publicidade, mesmo na rede de división do campo.

O tamaño do campo foi de 18 m por 9 m, mais actualmente é de 16 m por 8 m. Sendo disputado por dous xogadores de cada lado, ten algunhas regras diferentes do voleibol tradicional. A bóla do voleibol ten o mesmo peso, de 260 a 280 gramos, mais a presión interna é menor.

As regras[editar | editar a fonte]

  1. Gaña o set o equipo que primeiro chegue aos 21 puntos (pola regra da FIVB, pola CBV son 18 puntos), sempre que exista unha diferenza mínima de dous puntos sobre o equipo adversario.
  2. A invasión por debaixo da rede é permitida, sempre e cando non atrapalle a xogada do rival.
  3. Non existe substitución de xogadores. Ao xogador mancado concédenlle cinco minutos de recuperación. De se-lo caso, e non se recupere, o seu dobre é considerado incompleto.
  4. Un contacto no bloqueo é considerado coma un toque da parella. O equipo que bloqueou terá direito só a dous toques máis na bóla.
  5. Cada parella terá direito a un tempo de trinta segundos en cada set. No voleibol son dous tempos.
  6. A defensa "cargada" (cando o xogador retén momentaneamente a bóla entre os dedos) é permitida no voleibol de praia soamente na defensa dunha bóla violenta. A bóla pode bater en calquera punto do corpo do xogador.
  7. O contacto simultáneo entre dous xogadores por riba da rede, provocando a chamada "bola retida", non é considerado falta.
  8. O compañeiro do sacador non poderá impedir a visión do adversario, agachando a xogada ou a traxectoria da bola a través da barreira. Se é solicitado polo adversario, el deberá moverse no sentido lateral.
  9. O saque pode ser dado de calquera punto do fondo da cuadra. A área de saque ten oito metros de largura despois da liña de fondo.
  10. No levantamento da bóla existe unha grande diferenza en relación ao voleibol. A bóla levantada no volei de praia non pode dar un xiro total en torno do seu eixo, no caso de que haxa rotación é caracterizado os dous toques.

Resultados olímpicos[editar | editar a fonte]

Voleibol de praia masculino[editar | editar a fonte]

Olimpiadas Ouro Prata Bronce
Atlanta 1996 US flag 45 stars.svg USA Karch Kiraly e
Kent Steffes
US flag 45 stars.svg USA Michael Dodd
e Mike Whitmarsh
Flag of Canada.svg CAN John Child
e Mark Heese
Sydney 2000 US flag 45 stars.svg USA Dain Blanton
e Eric Fonoimoana
Flag of Brazil.svg BRA Jose Marco Melo
e Ricardo Santos
Flag of Germany.svg Alemaña Axel Hager
e Jörg Ahmann
Atenas 2004 Flag of Brazil.svg BRA Ricardo Santos
e Emanuel Rego
España ESP Javier Bosma
e Pablo Herrera
Suíza SUI Stefan Kobel
e Patrick Heuscher
Pequín 2008 US flag 45 stars.svg USA Philip Dalhausser
e Todd Rogers
Flag of Brazil.svg BRA Márcio Araújo
& Fábio Magalhães
Flag of Brazil.svg BRA Ricardo Santos
e Emanuel Rego

Voleibol de praia feminino[editar | editar a fonte]

Olimpiadas Ouro Prata Bronce
Atlanta 1996 Flag of Brazil.svg BRA Jacqueline Silva
e Sandra Pires
Flag of Brazil.svg BRA Mônica Rodrigues
e Adriana Samuel
Flag of Australia.svg AUS Natalie Cook
e Kerri Pottharst
Sydney 2000 Flag of Australia.svg AUS Natalie Cook
e Kerri Pottharst
Flag of Brazil.svg BRA Adriana Behar
e Shelda Bede
Flag of Brazil.svg BRA Adriana Samuel
e Sandra Pires
Atenas 2004 US flag 45 stars.svg USA Kerri Walsh
e Misty May-Treanor
Flag of Brazil.svg BRA Adriana Behar
e Shelda Bede
US flag 45 stars.svg USA Holly McPeak
e Elaine Youngs
Pequín 2008 US flag 45 stars.svg USA Kerri Walsh
e Misty May-Treanor
Flag of the People's Republic of China.svg CHN Tian Jia
e Wang Jie
Flag of the People's Republic of China.svg CHN Chen Xue
e Zhang Xi

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Volei de praia