Vladimir Voevodsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vladimir Voevodsky
VladimirVoevodsky.jpg
Datos persoais
Nacemento4 de xuño de 1966
LugarMoscova, URSS
Falecemento30 de setembro de 2017, (51 anos)
LugarPrinceton, New Jersey
Causaaneurisma da aorta
SoterradoKhimki Cemetery
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeestadounidense
Actividade
CampoMatemáticas
Alma máterUniversidade Estatal de Moscova
Harvard University
InstituciónsInstitute for Advanced Study
Director de teseDavid Kazhdan
Alumnos de teseAlexander Vishik e Simone Borghesi
Contribucións e premios
PremiosMedalla Fields (2002)
editar datos en Wikidata ]

Vladimir Alexandrovich Voevodsky (/ v ɔɪ v ɒ d s k i / ; en ruso: Владимир Александрович Воеводский) nado en Moscova o 4 de xuño de 1966 e finado en Princeton (Nova Jersey) o 30 de setembro de 2017,[1] foi un matemático ruso que se nacionalizou como estadounidense. No ano 2002 gañou a Medalla Fields polo seu traballo no desenvolvemento da noción de homotopía para variedades alxébricas e a formulación da noción de cohomoloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Seu pai, Alexander, dirixiu un laboratorio de física experimental na Academia de Ciencias de Rusia e a súa nai Tatyana Voevodskaya, era profesora de química na Universidad de Moscova.[2] Voievodski formouse na Universidade Estatal de Moscova entre 1983 e 1989. Estudou matemáticas pola súa conta e debido ao nivel das súas invetigacións foi invitado pola Universidade Harvard, sen pedir el a admisión.[3]

Sendo alí estudante de primeiro ano o seu titor, George Shabat, presentoulle unha copia de "Esquisse d'un Programme" (en galego, "bosquexo dun programa"), que era unha proposta de investigación matemáticas para levala a cabo no futuro presentada polo francés de orixe alemá Alexander Grothendieck en 1984, ao solicitar unha praza no CNRS. O propio Vladimir Voevodsky afirmou que "aprendeu francés tan só para podela ler" e que comezou as súas investigacións a partir dela.[4] Conseguiu o seu doutoramento en Filosofía e Matemáticas en 1992, en Harvard, dirixido por de David Kazhdan.[5]

Traballou como profesor visitante na mesma universidade (1993-1996) e na Universidade de Northwestern en Illinois (1996-1998) para ocupar o posto de profesor numerario no Institute for Advanced Study, de Princeton.

Actividade profesional[editar | editar a fonte]

En 1998 deu unha conferencia (A1-Homotopy Theory) no Congreso Internacional de Matemáticos en Berlín.[6] O seu campo principal de traballo foi a xeometría alxébrica abstracta.

No 2002 recibiu a Medalla Fields polas súas investigacións e as achegas á matemática moderna desenvolvendo a noción de homotopía para as variedades alxébricas e formulou a noción de cohomoloxía motívica.

Foi autor, xunto con Andrei Suslin e Eric M. Friedlander, de Cycles, Transfers and motívica homology Theories[7], na que desenvolve a teoría da cohomoloxía motivacional con certo detalle. Estes traballos permitíronlle resolver en álxebra a conxectura de Milnor e a conxectura motívica de Bloch-Kato.[8] Sobre esta última, presentou a proba da conxectura en xaneiro de 2009, nunha conferencia aniversario sobre Alexander Grothendieck organizada polo IHES (Institut des Hautes Études Scientifiques).​

En 2009, construíu o modelo univalente da teoría de tipo Martin-Löf (ou teoría intuicionista) en conxuntos simpliciais. Isto conduciu a avances importantes na teoría de tipos e ao desenvolvemento de novos fundamentos univalentes das matemáticas nas que Voevodsky traballou nos seus últimos anos. Traballou na creación dunha biblioteca de Coq UniMath empregando ideas univalentes.​

A súa derradeira contribución foi o axioma univalente ou axioma de univalencia,[3][9] e traballaba na verificación de demostracións asistidas por ordenador[10] cun programa informático que axudaba a detectar erros matemáticos involuntarios agochados nas demostracións dos matemáticos humanos mediante un procedemento que incorporaba as ideas de topoloxía e xeometría alxébrica na teoría de tipos.

En abril de 2016, a Universidade de Gotemburgo decidiu outorgarlle un doutoramento honorífico a Voevodsky.[11]

Morte e legado[editar | editar a fonte]

Vladimir Voevodsky traballou como profesor titular no Institute for Advanced Study, de Princeton até o día da súa morte. Morreu o 30 de setembro de 2017 na súa casa por causa descoñecida. Posteriormente, o 11 de outubro un médico afirmou que a causa da morte fora un aneurisma.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vladimir Voevodsky. Russian Mathematician". Encyclopaedia Britannica. Consultado o 17-10-2017. 
  2. 2,0 2,1 Rehmeyer, Julie (06-10-2017). "Vladimir Voevodsky, Revolutionary Mathematician, Dies at 51". nytimes.com. Consultado o 19-10-2017. 
  3. 3,0 3,1 "Vladimir Voevodsky, el matemático rebelde que redefinió el signo de igual". bbc.com. Consultado o 19-10-2017. 
  4. Voevodsky, Vladimir. "Univalent Foundations" (PDF). Institute for Advanced Study. Consultado o 20-10-2017. 
  5. "Vladimir Voevodsky, 1966-2017". American Mathematical Society. Consultado o 19-10-2017. 
  6. Voevodsky, Vladimir (1998). " Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine.A1-homotopy theory Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine." In: Proceedings of the International Congress of Mathematicians. vol. 1. pp. 579–604.
  7. Weibel, Charles A. (2002). "Review of Cycles, transfers, and motivic homology theories by Vladimir Voevodsky, Andrei Muslin, and Eric M. Friedlander"(PDF). Bull. Amer. Math. Soc. (N.S.). 39 (1): 137–143.
  8. Gómez, Tomás (12-10-2017). "Adiós al matemático que buscaba errores escondidos". elpais.com. Consultado o 17-10-2017. 
  9. "Vladimir Voevodsky, Fields Medalist, Dies at 51". Institute for Advanced Study. Consultado o 20-10-2017. 
  10. "Muere el Medallista Fields Vladimir Voevodsky (1966-2017)". Real Sociedade Matemática de España. Arquivado dende o orixinal o 20-10-2017. Consultado o 19-10-2017. 
  11. "Fields medalist Vladimir Voevodsky new honorary doctor at the IT Faculty". University of Gothenburg. IT Faculty. Consultado o 20-10-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]