Vladimir Vernadskii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVladimir Vernadskii

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Влади́мир Ива́нович Верна́дский
(uk) Володи́мир Іва́нович Верна́дський
(ru) Владиміръ Ивановичъ Вернадскій Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de febreiro de 1863 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
San Petersburgo, Rusia Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xaneiro de 1945 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteIctus Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii Editar o valor em Wikidata
Catedrático
Membro do Consello de Estado do Imperio Ruso
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaImperio Ruso
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeImperio Ruso
Unión Soviética
República Socialista Soviética Federativa de Rusia
República Russa (pt) Traducir
República Popular de Ucraína Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo ucraíno Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de San Petersburgo
Faculty of Physics and Mathematics of the Saint Petersburg University (en) Traducir
Imperial St. Petersburg University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseVasily Dokuchaev (pt) Traducir e Andreas Arzruní (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeoloxía, cristalografía, Mineraloxía, Xeoquímica, Q3652545 Traducir, bioloxía, biogeoquímica (pt) Traducir, filosofía e historia da xeoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , profesor universitario , ecoloxista , xeoquímico , mineraloxista , químico , biólogo , bioxeoquímico , xeólogo , mestre Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Estatal de San Petersburgo
Tavrida National V.I. Vernadsky University (en) Traducir
Academia de Ciencias da URSS
Imperial Moscow University (en) Traducir
Imperial St. Petersburg University (en) Traducir
Universidade Estatal de Moscova Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Democrático Constitucional Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresAndrey Beketov (pt) Traducir e Dmitri Konovalov (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosAlexander Fersman (pt) Traducir, Veniamin Silbermintz (en) Traducir e Bruno Brunowsky (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua rusa, lingua ucraína, lingua francesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoAlexander Fersman (pt) Traducir, Leonid Kulik (pt) Traducir e Alexander Pavlovich Vinogradov (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeQ110364095
FillosGeorge Vernadsky (pt) Traducir, Nina Volodymyrivna Vernadska (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisIvan Vernadsky (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Anna Petrovna (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Facebook: VernadskyV Find a Grave: 20402 Editar o valor em Wikidata

Vladimir Ivanovich Vernadskii (ruso: Влади́мир Ива́нович Верна́дский; ucraíno: Володи́мир Іва́нович Верна́дський), nado en San Petersburgo o 29 de febreiroxul./ 12 de marzo de 1863greg. e finado en Moscova o 6 de xaneiro de 1945, foi mineraloxista e xeoquímico ruso[1], ucraíno,[2][3] e soviético, considerado un dos fundadores da xeoquímica, a bioxeoquímica e a radioxeoloxía,[4] e fundador da Academia Ucraína das Ciencias.[5] É coñecido sobre todo polo seu libro de 1926 The Biosphere en que sen pretendelo contribuíu a popularizar o vocábulo biosfera cuñado por Eduard Suess en 1885, hipotetizando que vida é a forza xeolóxica que da forma á Terra. En 1943 recibiu o premio Stalin.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vladimir Vernadskii, estudante do Liceo de San Petersburgo, 1878

En 1885 graduouse en física e matemática pola Universidade de San Petersburgo, prolongando a súa formación durante os dous anos seguintes en diversas universidades europeas. A partir de 1890 foi profesor de mineraloxía e cristalografía na Universidade de Moscova, onde se doutorou en 1897. Membro da Academia Rusa de Ciencias dende 1912, traballou para esta institución ata a súa morte. Á vez foi fundador (1918) e primeiro presidente da Academia Ucraína de Ciencias. Por este e outros motivos é considerado compatriota tanto polos ucraínos como polos rusos.

Vernadskii foi discípulo de Vasili Dokuchaiev (1840-1903), fundador da edafoloxía, quen lle transmitiu unha comprensión integradora da natureza. Eduard Suess, que tamén fora influído por Dokuchaiev, forxou a palabra biosfera sen chegar a definila, sendo Vernadski quen a popularizóu no eido científico. Vernadskii é especialmente célebre polo seu libro A biosfera (1926), onde presenta a vida como a forza xeolóxica que dá forma á terra. Vernadskii foi fundador de varias novas disciplinas como a xeoquímica, a bioxeoquímica e a radioxeoloxía. Por darlle ao concepto de biosfera o seu contido actual, é considerado como un dos fundadores da ecoloxía e o pai da visión moderna do sistema Terra.[6]

Concibía a Terra como a superposición de cinco realidades integradas: a litosfera, entendida como esfera sólida da Terra; a atmosfera; a biosfera; a tecnosfera, o resultado da alteración producida polo home; e a noosfera, a esfera do pensamento. Á vez vía a historia do planeta como unha evolución autónoma con tres etapas dominadas respectivamente pola evolución xeolóxica, a evolución biolóxica e a evolución da cultura. Foi un dos primeiros científicos en recoñecer o osíxeno, nitróxeno e dióxido de carbono da atmosfera terrestre como resultado de procesos biolóxicos. Vernadskii observou a dependencia da composición atmosférica con respecto á actividade biolóxica, ofrecendo da Terra un concepto moi próximo ao proposto máis tarde por James Lovelock coa súa hipótese Gaia.[6][7]

Foi un dos primeiros científicos en recoñecer a radioactividade como fonte da enerxía térmica xeolóxica.[4][8]

Vladimir Vernadskii deixou unha grande estela de seguidores na Unión Soviética, a cal constituíu unha escola separada. A influencia de Vernadskii na ecoloxía occidental produciuse a través dalgúns dos seus discípulos, e da tradución ao inglés de dúas das súas obras: Geochemistry (1924) e The Biosphere (1926). Cómpre salientar a influencia das súas nocións sobre Teilhard de Chardin e Lyndon LaRouche, no que o uso do concepto de noosfera deriva directamente do de Vernadskii.[6]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Geochemistry, publicada en ruso en 1924.
  • The Biosphere, publicada en ruso en 1926.
  • Essays on Geochemistry & the Biosphere (recompilación dos seus ensaios, publicada en 2006)

Diarios[editar | editar a fonte]

  • Dnevniki 1917–1921: oktyabr 1917-yanvar 1920 ("Diarios 1917–1921"), Kíiv, Naukova dumka, 1994, ISBN 5-12-004641-X, 269 pp.
  • Dnevniki. Mart 1921-avgust 1925 ("Diarios 1921–1925"), Moscow, Nauka, 1998, ISBN 5-02-004422-9, 213 pp.
  • Dnevniki 1926–1934 ("Diarios 1926–1934"), Moscova, Nauka, 2001, ISBN 5-02-004409-1, 455 pp.
  • Dnevniki 1935–1941 v dvukh knigakh. Kniga 1, 1935–1938 ("Diarios 1935–1941 en dous volumes. Volume 1, 1935–1938"), Moscova, Nauka, 2006,ISBN 5-02-033831-1,444 pp.
  • Dnevniki 1935–1941 v dvukh knigakh. Kniga 2, 1939–1941 ("Diarios 1935–1941. Volume 2, 1939–1941"), Moscova, Nauka, 2006, ISBN 5-02-033832-X, 295 pp.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Большая российская энциклопедия". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2019. 
  2. "Honoring Vladimir Vernadsky: Russian-Ukrainian Scientist's 150th Year Wraps Up". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2015. Consultado o 2 de febreiro de 2015. 
  3. Верна́дський Володи́мир Іва́нович Arquivado 01 de agosto de 2017 en Wayback Machine.. Універсальний Словник-Енциклопедія
  4. 4,0 4,1 Vladimir Ivanovich Vernadsky. Encyclopaedia Britannica
  5. Samson, Paul R.; Pitt, David C. (1999). The Biosphere and Noosphere Reader: Global Environment, Society, and Change. Londres: Routledge. ISBN 978-0-415-16644-7. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Margulis, Lynn; Sagan, Dorion (2009). "2". ¿Qué es la vida? (en castelán) (3ª ed.). Barcelona: Tusquets Editores S.A. pp. 44–47. ISBN 978-84-7223-799-5. 
  7. Margulis, Lynn; Sagan, Dorion (2003). "8. El planeta Gaia". Captando genomas (en castelán) (1ª ed.). Barcelona: Kairós. pp. 178–87. ISBN 84-7245-551-3. 
  8. Margulis, Lynn; Sagan, Dorion (2009). "2". ¿Qué es la vida? (en castelán) (3ª ed.). Barcelona: Tusquets Editores S.A. p. 44. ISBN 978-84-7223-799-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]