Vladimir Smirnov
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de maio de 1954 Rubizhne, Ucraína (pt) |
Morte | 28 de xullo de 1982 (28 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | morte accidental |
Lugar de sepultura | Lukyanivske Military Cemetery (en) |
Altura | 185 cm |
Peso | 78 kg |
Actividade | |
Ocupación | esgrimista |
Nacionalidade deportiva | Unión Soviética |
Deporte | esgrima |
Adestrado por | Viktor Bykov (en) |
Participou en | |
1980 | fencing at the 1980 Summer Olympics – men's foil (en) (medalla de ouro olímpica) |
Premios | |
Vladimir Viktorovitch Smirnov, nado en Rubizhne (Ucraína) o 20 de maio de 1954 e finado en Roma o 27 de xullo de 1982, foi un tirador de esgrima soviético especialista en florete, gañador de tres medallas olímpicas.
Carreira
[editar | editar a fonte]Practicante de numerosos deportes, axiña os seus mestres decatáronse do potencial de Smirnov para a esgrima[1]. Posto baixo a dirección do mestre de armas Victor Bykov en 1977 logrou o seu primeiro título nacional[1]. Dous anos máis tarde, convértese en campión do mundo por equipos. Nos Xogos Olímpicos de 1980 de Moscova gañou o ouro en florete individual, a prata en florete por equipos e o bronce en espada por equipos[1]. Reforzando o seu dominio obtendo a medalla de ouro no Campionato do Mundo de Esgrima o ano seguinte en florete individual e por equipos.
Morte
[editar | editar a fonte]Smirnov chegaba como o favorito aos Campionatos do Mundo de Esgrima de 1982 en Roma. O 19 de xullo a URSS enfrontábase á RFA en cuartos de final de florete por equipos. Smirnov estaba en combate contra o campión alemán Matthias Behr cando no decurso dun asalto a consecuencia dun contacto a folla do florete de Behr partiu e o anaco desprendido foi dar á máscara de Smirnov, atravesándoa e penetrando no ollo esquerdo e chegando ao cerebro[1]. En coma os equipos de urxencias evacuárono da pista [1]. A competición reanudouse a petición das autoridades deportivas soviéticas que furtan os seus compañeiros de equipo o estado real de Smirnov. O equipo dirixido por Alexandr Romankov proclamouse campión do mundo. Smirnov morreu días despois no Hospital Gemelli de Roma[1].
Como consecuencia do accidente, a FIE desenvolveu normas de seguridade aínda máis severas para a seguridade dos tiradores, como a adopción de novas aliaxes para a confección das follas, o reforzamento das máscaras coa adopción do kevlar como material de base para a confección dos equipamento, así como o recurso ao Control por corrente de Foucault para o control das follas.
Notas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1954
- Finados en 1982
- Esgrimistas de Ucraína
- Medallistas olímpicos en esgrima
- Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética
- Medallistas olímpicos de prata pola Unión Soviética
- Medallistas olímpicos de bronce pola Unión Soviética
- Esgrimistas de florete
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1980
- Esgrimistas olímpicos da Unión Soviética
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1980