Vladimir Jabotinsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVladimir Jabotinsky

(década de 1930) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1880 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Odesa Editar o valor em Wikidata
Morte3 de agosto de 1940 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Hunter, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza cardiovascular Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMonte Herzl (1964–)
New Montefiore Cemetery (en) Traducir (1940–1964) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOdesa
San Petersburgo
Roma
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeImperio Ruso
Mandato británico de Palestina Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaDemocracia liberal (pt) Traducir e liberalismo económico Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Roma La Sapienza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , xornalista , escritor , oficial , tradutor , guionista , activista , historiador local , orador , xornalista de opinión Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnion of Revisionist Zionists (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoSionismo revisionista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioAltalena Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa, lingua rusa, Lingua yiddish, lingua hebrea e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor em Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeHanna Jabotinsky
FillosEri Jabotinsky (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
4 de abril de 1920-7 de abril de 1920Distúrbios de 1920 na Palestina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0413022 Musicbrainz: b1927514-40ab-45bf-9b13-d00d53e9fe90 WikiTree: Жаботинский-1 Editar o valor em Wikidata

Ze'ev Vladimir (Evgenevich) Jabotinsky (en hebreo: זאב ז'בוטינסקי, e en ruso: Влади́мир Евге́ньевич Жаботи́нский), nado en Odesa en 1880 e finado en 1940, foi un escritor e líder sionista, fundador da Lexión Xudía durante a primeira guerra mundial.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia tradicional xudía recibiu unha educación relixiosa e aprendeu a Torah, Tanakh e o hebreo, pero na súa mocidade lígase aos ambientes seculares da cidade, convértese en xornalista traballando de correspondente en Suíza e Italia para a prensa de lingua rusa, ao tempo que estudaba dereito, a súa experiencia como xornalista vaille permitir máis tarde fundar xornais en ruso, yiddish e hebreo.

Sionismo[editar | editar a fonte]

Tras o pogrom de Kishinev (1903), Jabotinsky, vencéllase ao movemento sionista, e axiña convértes nun dos seus líderes, ao tempo esfórzase por aprender o hebreo como lingua falada, nos anos seguintes, Jabotinsky organiza unidades de autodefensa nas comunidades xudías de Rusia para responder aos numerosos progromos que se sucedían.

Primeira guerra mundial[editar | editar a fonte]

Durante a Primeira guerra mundial, concIbiu a organizar unha unidade xudía que loitase contra os otománs, que entón controlaban Palestina, xunto con Joseph Trumpeldor creou o Zion Mule Corps, que consistía nuns centos de homes xudeus, na maioría rusos, que foran expulsados de Palestina polos turcos e establecéranse en Exipto. A unidade serviu con éxito na batalla de Gallipoli, pero a unidade logo se desfixo, Jabotinsky viaxou a Londres para convencer aos británicos, pero non foi ata 1917, cando o goberno británico deu permiso para organizar tres unidades xudías, o propio Jabotinsky loitou no val do río Xordán en 1918 e foi condecorado polo seu valor.

Revisionismo[editar | editar a fonte]

Logo da guerra, Jabotinsky saíu elixido na primeira asemblea lexistaltiva de Palestina, e en 1921 entrou a formar parte do consello executivo da Organización Mundial Sionista, pero marchou da organización en 1923 debido ás diverxencias co presidente, Chaim Weizmann. Estableceu unha nova organización, Alianza de Revisionistas-Sionistas e a súa mocidade, Betar. A súa organización demandaba que o movemento sionista recoñecera como o seu obxectivo o establecemento dun estado xudeu na cunca o río Xordán. As bases do seu movemento situábanse en Polonia e a súa actividade centrouse en obter o apoio británico para as Yishuv.

En 1929 Jabotinsky deixou Palestina para acudir ao 16º Congreso Sionista Mundial, pero as autoridades británicas non lle permitiron volver debido ás presións árabes.

Actividade literaria[editar | editar a fonte]

Publicou novelas en hebreo utilizando o sobrenome Altalena. A súa novela histórica Samson Nazorei ( 1927), sitúase en tempos bíblicos describindo unha forma ideal da vida xudía da época, activa e guerreira. En Pyatero (escrita en 1935 e publicada en 1936) é a novela de Odesa e contén descricións poéticas da cidade nos primeiros anos do XX, con nostálxicos retratos das súas rúas e olores, dos seus habitantes e paixóns."[1] A súa obra pasou desapercibida no seu tempo pero a partir do século XXI, a súa valoración medrou con edicións en Rusia e Ucraína e en 2005 traduciuse ao inglés[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Charles King, Odessa: Genius and Death in a City of Dreams (W. W. Norton & Company, 2011; ISBN 0393080528), p. 156.
  2. King, Odessa: Genius and Death in a City of Dreams, p. 156.