Vladimir Culafic Dokic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Culafic
Información persoal
Nome completo Vladimir Culafic Dokic
Nacemento 27 de novembro de 1951 (67 anos)
Lugar Luge, Serbia
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1975-1977 Borac Banja Luka 52 (11)
1977–1979 OFK Belgrado 27 (3)
1979 Buducnost Pec 14 (1)
1979-1981 Celta de Vigo 51 (13)
1981Recreativo de Huelva Cedido (2)
1981-1982 Cádiz CF 3 (1)
Selección nacional
1983- Selección de fútbol de Serbia
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Vladimir Culafic Dokic, nado o 27 de novembro de 1951 en Luge é un ex-futbolista serbio que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar na antiga Iugoslavia onde realizou unha ampla traxectoria, xogando no Borac Banja Luka, Buducnost Pec e OFK Belgrado, declarándose campión do campionato de Liga. Tamén foi internacional coa Selección de fútbol de Serbia, coa que debutou en 1983.

En 1979 fichou polo Celta de Vigo, que acababa de descender a Segunda División, debutando a maneira de proba no IX Trofeo Cidade de Vigo. Xogou no Celta dúas tempadas, na primeira das cales foi o máximo anotador do equipo, pero non puido evitar o descenso a Segunda División B. Permaneceu no equipo nesa categoría pero nos últimos meses do campionato foi cedido ao Recreativo de Huelva. Ao rematar a tempada, e co equipo de volta en Segunda División, déuselle a carta de liberdade e fichou polo Cádiz CF, co que só xogou tres encontros pero conseguiu debutar en Primeira División.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]