Vladimir Brendojev
Vladimir Brendojev | |
---|---|
Nacemento | 6 de setembro de 1931 |
Lugar de nacemento | Olonetsky District e Sambatuksa |
Falecemento | 24 de outubro de 1990 |
Lugar de falecemento | Olonets |
Nacionalidade | Unión Soviética |
Ocupación | poeta |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Vladimir Jegorovitš Brendojev (en livvi-carelio: Vladimir Jegorovitš Brendojev; en ruso: Владимир Егорович Брендоев, "Vladimir Egorovich Brendoev"), nado en Sammatus o 6 de setembro de 1931 e finado en Olonets o 24 de outubro de 1990, foi un escritor carelio.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Vladimir Brendojev naceu no seu dunha familia carelia de agricultores no pequeno vilar de Randuhieru, agora integrado na aldea de Sammatus, no distrito de Olonets. Ao comezar a colectivización en Carelia o pai marchou coa familia a Petergof e alí traballou como carpinteiro. Cando a URSS entrou en guerra a nai regresou a Carelia cos fillos mentres o pai ía á fronte. Vladimir instalouse coa súa familia en Syurya, preto de Мägrii, territorio ocupado polos finlandeses durante a guerra e así Vladimir estudou na escola en finés. Tras rematar a guerra e volver seu pai a familia moveuse a Kuiteža. Ao rematar os estudos en 1949 traballou nunha industria local un tempo e logo matriculouse na escola marítima de pesca en Belomorsk e traballou como mariñeiro, contramestre, e dende 1972 como capitán de navío de pesca do Onega. En 1981 admitírono na Unión de Escritores e en 1983 deixou a frota por razóns de saúde e traballou durante un ano no Instituto de Lingua, Historia e Cultura do Centro de Investigación de Carelia da Academia de Ciencias da URSS e logo na biblioteca da Unión de Escritores. En 1986 ao retirarse estableceuse en Petrozavodsk.
Brendojev está considerado o primeiro escritor[1] da variedade olonets da lingua carelia. Na escola comezou a compoñer versos en ruso pero o seu début literario xa foi en carelio, en 1972 publicou os seus dous primeiros poemas, sempre en olonets, na revista carelia en lingua finesa Neuvosto-Karjala e no mesmo ano pasou a ser un colaborador habitual de Punalippu. A súa primeira colección de poemas Aunusrandaine apareceu en 1980 e ademais de trinta poemas da súa autoría incluía cancións populares e traducións. En 1988 publicou unha colección de relatos Kyl’mil. Os seus poemas espertaron interese en Finlandia e o poeta Aku-Kimmo Ripatti traduciu varios dos seus poemas que se publicaron nun volume en 1986.
Os poemas de Brendojev aseméllase á poesía popular[2], o seu principal tema é o amor: de nai, á terra e á lingua, ademais compuxo numerosas cancións e traduciu a poetas clásicos da literatura rusa[3].
Obras[editar | editar a fonte]
- Anusrandaine. Petroskoi: Karjala, 1980.
- Hiilau huoli Petroskoi: Karjala-kustantamo, 1983.
- Kadajikko. Petroskoi: Karjala-kustantamo, 1986.
- Kyl’mil. Petroskoi: Karjala-kustantamo, 1988
- Sa olet armas:. Petroskoi: Karjala, 1989.
- Runoja. Petroskoi: Karjala-kustantamo, 1991 (póstumo).
- Sana, kuultu muaman suus. Petroskoi: Karjala, 1991 (póstumo).
- Jättie hyvä jälgi muale Petroskoi: Karjala, 1999 (póstumo).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Fedulova Galina Mihailovna "Vladimir Jegorovitš Brendojev" Suomalais-Ugrilaset Kirjastot
- ↑ "Владимир Брендоев" literarus.org
- ↑ Армас Мишин "Владимир Брендоев" Arquivado 12 de novembro de 2016 en Wayback Machine. Kultuurisvuja Karjalasta
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Programa Kirjakamari da TV de Carelia dedicado a Vladimir Brendojev (en carelio)