Vivienne Cass

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vivienne Cass
Ocupaciónpsicóloga
editar datos en Wikidata ]

Vivienne Cass é unha psicóloga e sexóloga australiana. Os seus estudos versan fundamentalmente sobre a formación da identidade homosexual. Elaborou a finais da década de 1970 un modelo de desenvolvemento da identidade sexual que publicou en 1979 e se converteu no referente máis aceptado. Tal modelo, un dos primeiros deste tipo, céntrase na adquisición da orientación sexual do individuo e define seis etapas na súa vida:[1]

Modelo de Cass[editar | editar a fonte]

O modelo de Cass chamou a atención do público académico, que lle ofreceu o seu recoñecemento. En 1983 publicou unha valoración de dez teorías sobre a identidade homosexual e en 1984 os datos empíricos nos que se baseou para enunciar o seu modelo teórico. O modelo de Cass foi o punto de partida para outros traballos de investigación sobre as orientacións sexuais.[2]

Etapa Características
Confusión da identidade Iníciase cando o individuo identifica sentimentos, accións ou pensamentos que se poden etiquetar como homosexuais
Comparación da identidade O individuo compara os seus sentimentos, accións ou pensamentos cos doutros individuos e acéptaos provisionalmente
Tolerancia da identidade Iníciase cando o individuo considera probable a súa homosexualidade e remata cando a considera certa, pero se aceptación plena
Aceptación da identidade Os individuos teñen unha imaxe máis clara e positiva de eles mesmos como homosexuais
Orgullo pola identidade O universo do individuo dicotomízase entre o homosexual (motivo de orgullo) e o non homosexual (motivo de carraxe)
Síntese da identidade As facetas pública e privada da homosexualidade fúndense nun sentimento integrado que constitúe unha parte importante pero non central do individuo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. SAVIN-WILLIAMS, R.C. (2009), La nueva adolescencia homosexual, Ediciones Morata, Fundación Paideia. Madrid. ISBN 9788471125300. (en castelán)
  2. Vivienne Cass, Ph.D.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cass, V.C. (1984). Homosexual Identity Formation: Testing a Theoretical Model. The Journal of Sex Research, Vol. 20, No. 2, pp. 143–167. (en inglés)