Vivien Thomas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vivien Thomas
Vivien Thomas.jpg
Nacemento 29 de agosto de 1910
Lugar New Iberia
Falecemento 26 de novembro de 1985
Causa Câncer pancreático
Nacionalidade Estados Unidos de América
Ocupación médico e cirurxián
editar datos en Wikidata ]

Vivien Theodore Thomas, nado en New Iberia o 29 de agosto de 1910 e finado o 26 de novembro de 1985, foi un técnico cirúrxico afroamericano coñecido por desenvolver os procedementos para o tratamento da síndrome do bebé azul .

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun carpinteiro que se fixera un nome na súa localidade natal e en Nashville, onde se mudara a familia en 1912 e conseguiría unha situación económica desafogada. Tras rematar o instituto comezou a preparar os estudos de medicina pero a perda dos seus aforros pola crise de 1929 impediulle seguir esta a súa vocación pero atopou traballo en xaneiro 1930 [1] no laboratorio de experimentación animal da Universidade Vanderbilt baixo a dirección de Alfred Blalock, realizando operacións con animais e converténdose no seu axudante e pasando con el en 1941 ao laboratorio da Universidade Johns Hopkins ao ser seleccionado como xefe de cirurxía desa universidade, xunto con Blalock e a cardióloga pediátrica Helen Taussig formou un equipo que desenvolveu o procedemento para corrixir a síndrome do bebé azul, un defecto conxénito do corazón. A primeira operación realizouse o 29 de novembro de 1944, a unha nena de 14 anos e foi un éxito, os consellos feitos por Thomas tirados das máis de 300 operacións, con técnicas pioneiras e anovadoras[2], que realizara en cans foron decisivos no éxito da operación [3], tamén adestrou a cirurxiáns ben coñecidos mundialmente como Denton Cooley mais por prexuízos raciais non se recoñeceu o seu traballo [4], e a técnica deuse a coñecer como shunt Blalock-Taussig. Thomas continuou a traballar no laboratorio da universidade. En 1976 recibiu un doutoramento honorífico en dereito da Universidade Johns Hopkins, xa que por cuestións burocráticos non llo puideron dar en medicina, e foi recoñecido oficialmente como instrutor de cirurxía da facultade de medicina. A súa autobiografía Partners of the heart: Vivien Thomas and his work with Alfred Blalock publicouse poucos días despois do seu pasamento. No ano 2004 a canle HBO realizou o telefilme baseado na súa vida "Something the Lord Made

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]