Vivian Malone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vivian Malone Jones
Vivian Malone registering.jpg
Vivian Malone na entrada da Universidade de Alabama
Nacemento15 de xullo de 1942
 Mobile, Flag of the United States.svgAlabama Alabama
Falecemento13 de outubro de 2005
 Atlanta, Flag of the United States.svgXeorxia, Estados Unidos de América Xeorxia
CausaIctus
NacionalidadeFlag of the United States.svg estadounidense
Alma máterUniversidade do Alabama
OcupaciónEmpresaria e activista
Coñecido/a porParada na porta da escola
editar datos en Wikidata ]

Vivian Juanita Malone Jones, nada en Mobile, Alabama, o 15 de xullo de 1942 e finada en Atlanta, Xeorxia, o 13 de outubro de 2005, foi unha destacada activista estadounidense en prol dos dereitos civís.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gañou fama por ser unha dos dous primeiros afroamericanos que se matricularon o 12 de xuño de 1963 na Universidade de Alabama, grazas á sentenza da Corte Suprema dos Estados Unidos de 1956, que condenaba o segregacionismo e outorgaba plenos dereitos aos negros para cursar estudos universitarios. Vivian presentouse na Universidade en contra da vontade do Gobernador do Estado, George Wallace, que a esperou na entrada cumprindo o seu compromiso coa comunidade de oporse á educación mixta entre brancos e negros.[1]

Cando chegou a Garda Nacional catro horas e media máis tarde e tras un discurso racista de Wallace, este retirouse e os dous estudantes, Vivian e James Hood, puideron entrar. Vivian acudía a clase escoltada por policías e durante a súa estancia cometéronse diversos actos de protesta, incluíndo tres bombas caseiras en diferentes puntos do recinto. Finalizou os estudos de empresariais o 30 de maio de 1965, sendo a primeira muller de raza negra en obter un título universitario na universidade de Alabama, Estados Unidos. Posteriormente traballou no Departamento de Xustiza, na Axencia de Protección do Medio Ambiente e como corredora de seguros.

En 1996, Wallace pediulle perdón publicamente nun acto.[2] No ano 2000 a Universidade onde cursou estudos concedeulle o Doutoramento en Letras. Con ocasión deste acto realizou a súa entrevista máis longa para un medio de comunicación na que afirmou que sentía "como unha muller privilexiada que tivo a honra e representou a todos aqueles que loitaban por causas xustas".[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Blaustein, Albert P. (1991). Northwestern University Press, ed. Civil Rights and African Americans: A Documentary History. p. 483. ISBN 0-8101-0920-4. 
  2. Bledsoe, Christena. "Vivian Malone Jones and the VEP: From Integration to Voter Registration". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2013. Consultado o 9 de marzo de 2013. .
  3. Martin, Douglas (14 de outubro de 1995). New York Times, ed. "Vivian Malone Jones, 63, Dies; First Black Graduate of University of Alabama". Consultado o 8 de marzo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]