Vituco Pérez
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 23 de xullo de 1954 A Coruña | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista, xogador de fútbol sala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Víctor Pérez Bermúdez, máis coñecido como Vituco, nado na Coruña o 23 de xullo de 1954, é un exufbolista galego. Formado na canteira do Marte de Monte Alto, xogou catro anos como lateral no Fabril e dous no primeiro equipo do Deportivo da Coruña na Segunda División, co que disputou un total de 24 partidos. Tras un breve paso polo Lugo, en 1979 cambiou o fútbol polo fútbol sala, deporte no que acabou destacando ata o punto de ser considerado o mellor xogador coruñés da historia.[1] Militou durante máis dunha década no histórico Chaston, ao que capitaneou na conquista de dous títulos de liga e tres da Copa do Rei. Foi internacional coa selección española dende a mesma creación desta en 1982, e disputou 30 encontros internacionais, gañando a Copa do Mundo oficiosa en 1987.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fútbol
[editar | editar a fonte]Naceu no barrio coruñés da Sagrada Familia, sendo fillo de Víctor Pérez González, traballador de Augas da Coruña,[2] e de Josefa Bermúdez Canosa.[3] Seu pai tamén xogara ao fútbol, nas filas do Candá e o Varela Silvari.[2] Vituco comezou a xogar ao fútbol no equipo infantil do Sagrada Familia do seu barrio, pasando máis tarde ao infantil do Marte.[4] Do infantil subiu ao xuvenil e logo ao primeiro equipo, onde axiña comezou a destacar como lateral dereito, ao tempo que traballaba como fontaneiro.[2]
No verán de 1972, antes de cumprir os 18 anos, deixou o club de Monte Alto e fichou xunto a Canosa polo Fabril.[5] Co filial coruñés xogou as seguintes catro tempadas na Serie A galega, tendo como adestradores a Joanet, Carlos Torres e Rodrigo.[2] O 9 de maio de 1976 debutou co primeiro equipo do Deportivo na Segunda División, nun partido ante o Málaga no que o adestrador Cheché Martín o chamou para suplir a baixa por sanción do lateral dereito Belló.[6] Disputou tamén os dous últimos partidos de liga, ante Valladolid e Calvo Sotelo, e na tempada 1976/77 subiu definitivamente ao primeiro equipo. Nunha caótica campaña con ata catro adestradores (Héctor Rial, Cheché Martín, José López e Juan Arza), xogou un total de 18 partidos, aproveitando as baixas dos titulares Belló e Pardo. Na seguinte campaña participou só en tres partidos, polo que ao remate da tempada obtivo vía libre por parte do club para aceptar algunha das ofertas que tiña doutros equipos.[7]
En decembro de 1978 asinou como novo xogador do Lugo, por aquel entón na Segunda División B.[8] Titular indiscutible dende a súa chegada, disputou todos os partidos que restaban da tempada 1978/79, sen poder evitar o descenso do equipo á Terceira División. Tralo seu breve paso polo club lucense, deixou o fútbol e regresou á Coruña para xogar ao fútbol sala.
Fútbol sala
[editar | editar a fonte]Na tempada 1979/80 militou no Imaxe coruñés, e dende 1980 no Chaston FS, despois de que estes dous clubs se fusionasen.[9] Xogou no Chaston durante máis dunha década, coincidindo con xogadores históricos como Castillo, Julio ou o brasileiro Denis, e capitaneou o equipo na conquista de dous títulos de liga e tres da Copa do Rei.[10] Deixou o club no verán de 1990, despois de recibir unha homenaxe como o mellor xogador de fútbol sala da historia da cidade.[1]
Na tempada 1990/91 militou no Mascoto, da liga coruñesa de Primeira División, así como nun equipo da empresa na que traballaba, EMALCSA,[11] e nos seguintes anos militou en varios clubs máis, chegando a formar parte de ata cinco equipos ao mesmo tempo.[12] En 1992 foi condecorado coa medalla de prata ao mérito futbolístico da Real Federación Galega de Fútbol.[13]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Axiña se converteu no mellor xogador do fútbol sala galego, o que o levou á selección española dende a mesma creación desta. Así, foi un dos cinco xogadores titulares no primeiro partido da historia da selección hispana, unha vitoria sobre Italia no Torneo IV Nacións de Lindenberg o 2 de abril de 1982.[14][15] Aquel día foi o autor de dous dos catro goles do seu equipo, que gañou por 4-2 ao conxunto italiano.[16] En 1987 capitaneou o equipo español na conquista da primitiva Copa do Mundo celebrada pola FIFA no Pazo dos Deportes de Riazor, onde derrotaron na final a Bélxica.[17] Disputou un total de 30 partidos coa selección española.
Capitaneou tamén á selección galega, á que guiou ata o triunfo no Campionato de España de 1985.[18][19]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en xullo de 1976 coa súa parella, Pilar Fernández, coa que foi pai de Tamara e Vituco, este último tamén xogador de fútbol sala e que militou entre outros clubs no Parrulo de Ferrol.[20]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Difíciles compromisos para el Chaston en las próximas jornadas de liga". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de agosto de 1990. p. 41.
- 1 2 3 4 Lestón (8 de outubro de 1976). "Un defensa que ataca y vuelve rápido". La Voz de Galicia (en castelán). p. 35.
- ↑ "Obituario de Víctor Pérez González". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 1996. p. 81.
- ↑ "Vituco: un suplente que vuelve". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xaneiro de 1978. p. 31.
- ↑ "Vituco y Canosa, del Marte, ficharon por el Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xullo de 1972. p. 15.
- ↑ "Presentación del defensa Vituco". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de maio de 1976. p. 39.
- ↑ "Sin novedades en la lista de jugadores del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xullo de 1978. p. 29.
- ↑ "Vituco, nuevo fichaje del C.D. Lugo". El Pueblo Gallego (en castelán) (20509). 15 de setembro de 1978. p. 19. Consultado o 12 de marzo de 2025.
- ↑ "Vituco, capitán del Chaston, califica de «rival difícil» al Alcasa". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 5 de novembro de 1988. p. 43.
- ↑ "El día en que se forjó la leyenda". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de febreiro de 2016. Consultado o 12 de marzo de 2025.
- ↑ "Vituco y Mariñas". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de febreiro de 1991. p. 43.
- ↑ "Es difícil triunfar sin padrinos". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de marzo de 1992. p. 56.
- ↑ "Vituco recibe hoy la medalla deplata al mérito futbolístico". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de marzo de 1992. p. 43.
- ↑ "Italia, el primer rival y ante el que más veces ha jugado España". Real Federación Española de Fútbol (en castelán). 18 de febreiro de 2023. Consultado o 12 de marzo de 2025.
- ↑ García, Óscar; Parra, Pablo (5 de abril de 2017). "35 años de La Roja de las dos estrellas". Marca (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2025.
- ↑ "La Selección Española de Fútbol Sala cumple hoy 39 años". Real Federación Española de Fútbol (en castelán). 30 de marzo de 2021. Consultado o 12 de marzo de 2025.
- ↑ "1-1: El mayor acierto en los lanzamientos de penaltis valió a España para arrebatar a Bélgica el título de campeón". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 14 de febreiro de 1987. p. 40.
- ↑ "Galicia, que ganó a Oeste por 2-0, a la fase final del Campeonato de España". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 30 de abril de 1984. p. 31.
- ↑ "Galicia, campeón de España". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xullo de 1985. p. 17.
- ↑ "O Parrulo Ferrol incorpora a Vituco, un ala que llega procedente del Mera coruñés". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de xullo de 2009. Consultado o 12 de marzo de 2025.