Vitiaz (1939)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vitiaz

O Vitiaz ancorado no porto de Kaliningrado.
Historial
Estaleiro Deutsche Schiff- und Maschinenbau AG
Bremen, Alemaña
Clase Pasaxe (1939–42, 1945–48)
Buque Hospital (1942–45)
Buque de investigación (1948–79)
Museo (desde 1994)
Operador Neptun Line
Porto de rexistro Bremen, Alemaña
Botado agosto de 1939
Baixa 22 de abril de 1979
Destino Museo Oceanográfico
Características xerais
Desprazamento 5 701 toneladas
Eslora 101,50 m (cando se construíu), 109,44 m (despois da súa reconversión)
Manga 14,50 m (cando se construíu),
14,56 m (despois da súa reconversión)
Puntal 4,72 m (cando se construíu)
Propulsión 2 motores diésel
Potencia 3 000 kW
Velocidade 14 nós (26 km/h)
Autonomía 18 500 millas nauticas (34 300 km) (Vitiaz)
Tripulación 38 (Mars)
66, máis 70 persoal investigador (Vitiaz)
Capacidade 12 pasaxeiros (Mars)

O Vitiaz (en ruso Витязь) é un buque de investigación oceanográfica que foi construído como barco de pasaxe en 1939 pola Deutsche Schiff-und Maschinenbau AG, en Bremen, Alemaña, denominado Mars (Marte), para a Neptun Line, Brema.

Durante a segunda guerra mundial serviu na Kriegsmarine, sendo capturado polo Reino Unido en 1945. Pasou a chamarse Empire Forth para o Ministerio de Transportes de Guerra (MoWT) británico.

En 1946 foi asignado á Unión Soviética en virtude dos termos dos acordos de Potsdam, e pasou a denominarse Ecuador (en ruso, Экватор) e despois foi rebautizado como Almirante Makárov (en ruso, Адмирал Мака́ров).

En 1949 foi transformado en buque de investigación, e donominado Vitiaz. Cesou nesta actividade en 1979, e foi conservado como nave do Museo Oceanográfico de Kaliningrado en 1982.

Descrición[editar | editar a fonte]

Cando se rexistrou no Reino Unido en 1945, o barco tiña unha eslora de 101,50 m, unha manga de 14,50 m e un puntal de 4,72 m. O seu calado era de 5,84 m. O seu arqueo era 2471 TAB (toneladas de arque bruto) e 1821 TRN (toneladas de rexistro neto).[1]

O barco era impulsado por dous motores diésel de acción única de dous tempos, que tiñan sete cilindros de 62 cm de diámetro con 115 cm de carreira, con hélices de duplo parafuso. Os motores foron construídos por Friedrich Krupp Germaniawerft, en Kiel.[1] Estes motores tiñan unha potencia de 3 000 CV, e podían impulsar á nave a unha velocidade de 14 nós (26 km/h).[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O barco foi construído co número 614 en 1939 no estaleiro Deutsche Schiff- und Maschinenbau AG en Bremen, Alemaña, e bautizouse co nome de Mars (Marte), para a Neptun Line, de Bremen. Foi botado en agosto de 1939 en Bremen.[3][4] O seu porto de rexistro foi Bremen.

O Mars foi operado pola Neptun Line.[5] Contaba cunha tripulación de 38 efectivos, e aloxamento para 12 pasaxeiros.[6]

A nave foi requisada en 1940 pola Kriegsmarine, pero foi devolta á Neptun Line no transcurso dese mesmo ano. Foi requisada novamente en 1942,[5] e reconvertido nun barco hospital para uso militar.[6] O 13 de decembro de 1943, o Mars foi severamente danado nun ataque aéreo sobre Bremen pola Oitava Forza Aérea dos Estados Unidos.[3][7]

O barco axudou na evacuación de cidadáns alemáns de Königsberg e Pillau (hoxe Baltisk, no óblast de Kaliningrado). Entre xaneiro e abril de 1945, transportou a 20 000 persoas.[6] O Mars foi probabelmente o último barco importante en abanonar Pillau con destino a Copenhague.[8]

En maio de 1945, o Mars foi capturado en Copenhague, Dinamarca, e transferido ao Ministerio de Transportes de Guerra do Reino Unido, pasando a chamarse Empire Forth.[3] Asignáronlle as letras de código GLTZ e o número oficial do Reino Unido 169468. O seu porto de rexistro foi cambiado a Londres. Operou baixo a dirección da Prince Line Ltd.[1]

En 1946 o Empire Forth foi asignado á Unión Soviética en virtude dos termos dos acordos de Potsdam, e pasou a denominarse Ecuador (en ruso, Экватор),[3] e levado a Leningrado.[6] Asignáronselle as letras de código UPJA.[4]

Selo de correos da URSS de 1959 que representa ao Vitiaz.

Máis tarde pasou a chamarse Almirante Makárov (en ruso, Адмирал Мака́ров).[6] O barco foi reconvertido nun buque de investigación nos anos 1947-48 para o Instituto Shírshov de Oceanoloxía, da Academia de Ciencias da URSS. Estes traballos leváronse a cabo en Leningrado, Odesa, Riga e Vladivostok, na Unión Soviética, e tamén en Wismar, na Alemaña ocupada polos aliados. Durante a reconversión, o barco foi alongado e equipado con modernos laboratorios e aloxamentos,[6] polo que as súas novas medidas foron de 109,44 m de eslora, 14,56 m de manga e un puntal de 5,86 m. O seu desprazamiento foi de 5 710 t.[2] En 1949 pasou a chamarse Vitiaz (en ruso: Витязь).[3]

O Vitiaz estaba rexistrado no porto de Vladivostok. Fixo 65 viaxes de investigación oceanográfica cubrindo 800 000 millas náuticas (1 500 000 km).[6] En agosto de 1957 mediu a profundidade da fosa das Marianas: 11 022 m.[9] O 29 de maio de 1958, o Vitiaz encontrabáse a 2 000 millas náuticas (3 700 km) ao oeste das illas Marshall cando detectou radioactividade na chuvia a niveis que eran prexudiciais para a saúde humana.[10] O 7 de novembro de 1960, informouse que o Vitiaz fora atacado no mar Arábigo por un Grumman S-2F do portaavións USS Essex. A Mariña dos Estados Unidos negou que o avión atacara ao barco, que simplemente comprobara a súa identidade.[11] A principios da década de 1960, ao Vitiaz asignóuselle o número IMO 5382609.[12]

Os científicos a bordo do Vitiaz descubriron 1 176 novas especies de plantas e animais mariños. Durante o seu tempo como nave de investigación, o Vitiaz visitou 49 países e actuou como embaixador de boa vontade da Unión Soviética. Entre as persoas notábeis que o visitaron están Jacques Cousteau e Thor Heyerdahl.[6]

O Vitiaz fixo a súa última viaxe por Europa e foi retirado da navegación o 22 de abril de 1979.[6] En 1982 foi reconvrtido nun barco museo en Leningrado.[3] En 1988 a nave foi trasladada ao asteliero de Yantar, Kaliningrado, onde foi reparada e reconstruída para o seu uso como barco museo. En 1994 trasladárona a Kaliningrado como Museo dos Océanos do Mundo, que se estableceu en 1990.[6] Estimase que o Vitiaz é o buque de investigación máis grande que se conserva.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Lloyd's Register, Navires a Vapeure et a Moteurs." (PDF). Plimsoll Ship Data. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de outubro de 2018. Consultado o 12de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "Scientific-research vessel VITYAZ". Leningrado: Museum of World Oceans. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2020. Consultado o 12 de maio de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Mitchell, W. H.; Sawyer, L. A. (1995). The Empire Ships. London, New York, Hamburg, Hong Kong: Lloyd's of London Press Ltd. p. non citada. ISBN 1-8504-4275-4. 
  4. 4,0 4,1 "Витязь" [Vitiaz] (en ruso). Fleetphoto. Consultado o 12 de maio de 2020. 
  5. 5,0 5,1 "Neptun Line / Dampfschifffahrts Gesellschaft Neptun 1873-1974 Bremen" The Ships List (en inglés). Consultada o 12 de maio de 2020.
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 "Biography of the Vessel". Kaliningrado: Museum of World Oceans. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2020. Consultado o 12de maio de 2020. 
  7. Rohwer, Jürgen; Gerhard Hümmelchen. "Seekrieg 1943, Dezember". Württembergische Landesbibliothek Stuttgart (en alemán). Consultado o 12 de maio de 2020. 
  8. Midt i en mørketid: tyske flygtninge på Kløvermarken 1945-49, Ulf Kyneb, en Historiske meddelelser om København, 2006 (en danés).
  9. "Record Ocean Depth". The Times. 2 de setembro de 1957. 
  10. "Radioactive Rain in the Pacific". The Times. 7 de xuño de 1958. 
  11. "U.S. denies Arabian Sea "buzzing"". The Times, 10 de novembro de 1960.
  12. "VITYAZ - IMO 5382609". Shipspotting. Consultado o 12 de maio de 2020. 
  13. Svetlana Sivkova, Director general of the Museum of the World Ocean. "Who We Are" Arquivado 04 de maio de 2020 en Wayback Machine. (en inglés). Consultada o 12 de maio de 2020.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Heinrich Tamm (1993): "Ehe MARS VITJAS wurde". En: Köhlers Flottenkalender. Herford: Koehlers Verlagsgesellschaft, pp. 60–64.
  • Harald Joormann: (1996): "Forschungsschiff "Vityaz" (ex "Mars") tauchte wieder auf". En: Schiffahrt International 1/96. Hamburg: Schiffahrts-Verlag, p. 22.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]