Vitesse Arnhem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vitesse
NomeStichting Betaald Voetbal Vitesse
Fundación14 de maio de 1892 (131 anos)
EstadioGelreDome,
Arnhem, Países Baixos
Inauguración1998
Capacidade25.000
Presidente Merab Jordania
AdestradorPaíses Baixos Fred Rutten
LigaEredivisie
2021/226.º
Na rede
http://www.vitesse.nl/
Facebook: Vitesse Twitter: MijnVitesse Instagram: mijnvitesse LinkedIn: vitessearnhem Youtube: UChGLvJ1fZBpp2LOHaMSRgpA TikTok: vitesse Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Stichting Betaald Voetbal Vitesse, tamén chamado Vitesse Arnhem ou simplemente Vitesse, é un club de fútbol dos Países Baixos, da cidade de Arnhem. Xoga na Eredivisie holandesa e fundouse o 14 de maio de 1892.

Historia[editar | editar a fonte]

O club fundouse en 1892. En 1984 separouse a parte de afeccionados para profesionalizar aínda máis o club.

A finais do século XIX e a principios do século XX, o equipo loitaba polo antigo campionato nacional, pero nunca chegou a gañalo. En 1927 chegou por vez primeira á final da Copa dos Países Baixos, pero perdeu diante do VUC Den Haag. Despois da fundación da Eredivisie en 1956, o equipo non participou na máxima categoría ata 1971. A partir dese intre o equipo mantívose durante 3 tempadas na máxima categoría, e non foi ata 1989 cando volveu á primeira división. En maio de 1990 xogou a súa segunda final de copa, contra o PSV, pero queda de novo subcampión. Ata 2002 o equipo rematou sempre a tempada entre os 6 primeiros na liga, clasificándose para a Copa UEFA en 6 ocasións. En 1993, o Vitesse foi eliminado polo Real Madrid nos oitavos de final da UEFA (0-1, 1-0). Neses anos, varios xogadores do Vitesse foron convocados coa súa selección nacional.

A nivel nacional,o Vitesse ostenta a maior derrota da historia da Eredivisie: o 12 de maio de 1972 os afeccionados do Ajax puideron desfrutar dun contundente 12-1.

O 15 de agosto do 2010 fíxose pública a compra do equipo polo xeorxiano Merab Zjordania, o cal chegou a ser adestrador da selección de Xeorxia.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camisola negra-amarela a raias, pantalón branco e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camisola gris, pantalón negro e medias negras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Páxina oficial do Club (en inglés)