Vistruario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Vistruario (fl. 1016-1037) foi un bispo de Iria Flavia e Santiago de Compostela durante o século XI. O 29 de outubro de 1024 foille doada a illa Oneste, posiblemente o lugar no que se localizaban as Torres de Oeste, polo rei Afonso V o Nobre, coa finalidade de que servise para a defensa das "terras do apóstolo"[1]. Deostado na Historia Compostelá, por consideralo de "depravados costumes", foi encarcerado por Afonso V o Nobre, non se sabe se por rebelarse contra Vermudo III,[2] fillo de Afonso, ou contra o propio Afonso.[3] Morreu na prisión.[2]


Predecesor:
Vímara Díaz
 Bispo de Iria Flavia 
1016 - 1037
Sucesor:
Cresconio

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vitorino Pires, Hélio Fernando (2012). Incursões Nórdicas no Ocidente Ibérico (844-1147): Fontes, História e Vestígios (PDF). Universidade Nova de Lisboa. p. 245. 
  2. 2,0 2,1 Falque (1994), p. 76
  3. González (1978), p. 139

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Falque Rey, Emma, ed. (1994). Historia Compostelana. Col. Clásicos latinos medievales. Madrid: Akal. ISBN 84-460-0417-8. 
  • Flórez, Henrique (1792). España sagrada. Madrid: Oficina de la viuda e hijo de Marín. 
  • González López, E. (1978). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 8471543036.