Visto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un visto válido en todos os países do tratado de Schengen

Un visto ou visa (do latín carta visa, lit. "o documento foi visto") é un documento emitido por un país dando a un certo individuo permiso para entrar no seu territorio por un certo período de tempo e para determinadas finalidades. Moitos países requeren a posesión de un visto válido como condición de entrada para estranxeiros. Os vistos son xeralmente marcados ou anexados ao pasaporte do destinatario.

Algúns países, requiren que os seus nacionais ou mesmo os estranxeiros no seu territorio obteñan un visto de saída para poderen marchar do país.

Entrar nun país sen unha visa válida ou realizar atividades non cobertas por o visto (por exemplo, traballar con visa de turismo), resulta na transformación do individuo nun inmigrante ilegal, xeralmente suxeito á deportación ao seu país natal.

Tipos de vistos[editar | editar a fonte]

Un visto ruso

Tipos comúns de vistos:

  • visto de tránsito, xeralmente válido por tres días ou menos, para pasar por un país de camiño a un terceiro;
  • visto de turista, para un período limitado de viaxe sen atividades de negocios permitidas. Xeralmente o único visto dado gratuitamente. Algúns países, coma Kuwait, non emiten visas de turista;
  • visto de negocios, con duración maior e de máis fácil renovación do que un visto de turismo;
  • visto de estudante, que permite ao seu dono estudar en algunha institución do país;
  • visto diplomático, que confere á viaxe status oficial e normalmente só está disponíbel para portadores de pasaportes diplomáticos;
  • visto de xornalista, en países que coma Cuba, os Estados Unidos, Irán, Corea do Norte, Arabia Saudita e Zimbabwe. En cada caso a falla ao obter o documento correcto resulta na recusa da entrada ou a interrogación e deportación;
  • visto de noivo(a), dado por un tempo limitado antes da data de casamento baseada en relacionamento provado cun nacional do país de destino (por exemplo, un brasileiro que desexa casarse cunha arxentina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]