Virxe do Rosario co Neno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Virxe do Rosario co Neno
ArtistaBartolomé Esteban Murillo
Data1650 - 1655
TécnicaPintura ó óleo
Dimensións166 cm × 112 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid)

Virxe do Rosario co Neno (en castelán: Virgen del Rosario con el Niño) é unha pintura ó óleo sobre lenzo realizada polo pintor sevillano Bartolomé Esteban Murillo entre os anos 1650 e 1655. Atópase na colección permanente do Museo do Prado (Madrid) e está clasificada co número P00975. Anteriormente estivo no Mosteiro do Escorial –polo que tamén é coñecida como Virxe do Escorial[1] e no Palacio Real de Madrid. Versións semellantes á que se exhibe no museo do Prado hai outras tres, repartidas por diferentes museos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ficha no Museo do Prado" (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]