Nosa Señora de Coromoto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Virxe de Coromoto»)
Nosa Señora de Coromoto.

A Virxe de Coromoto ou Nosa Señora de Coromoto é para o catolicismo unha advocación mariana venerada como patroa de Venezuela

Tradición[editar | editar a fonte]

Cando os españois fundaron Guanare en 1591 o pobo cospe que habitaba a rexión fuxiu cara á selva situada ao norte da localidade, o que para a igrexa católica supoña un atranco na súa intención de evanxelizalos. Segundo a tradición o 8 de setembro de 1652 [1] a Virxe María apareceuse ao cacique dos cospes, de nome Coromoto, e á súa muller e díxolles na súa propia lingua: "Ide á casa dos brancos e pedídelles que vos boten auga na cabeza para poder ir ao ceo", o cacique contoulle a historia ao seu encomendeiro e unha parte da poboación orixinaria decidiu seguir as indicacións e bautizarse, pero non así o cacique, que fuxiu mais a Virxe apareceulle de novo, e o cacique irado intentou agarrala co brazo pero a virxe desapareceu. A aparición materializouse nunha estampa feita de fibra de árbore que se converteu nunha reliquia que se venera no Santuario Nacional da Nosa Señora de Coromoto.

Coromoto trabado por unha serpe velenosa volve a Guanare moribundo pedindo o bautismo e rogándolles aos cospes rebeldes baixo o seu mando que fixeran o mesmo. A pesar do seu mal estado recuperouse e morreu de vello.

Culto[editar | editar a fonte]

Icona da Virxe de Coromoto.

En 1668 o bispo da diocese aprobou a súa veneración[2], e en 1950 o Papa Pío XII declarouna Patroa de Venezuela e Xoán Paulo II coroouna na súa visita ao santuario mariano de Guanare, e Bieito XVI elevou en 2006 o Santuario Nacional de Nosa Señora de Coromoto á categoría de Basílica Menor.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Isaac, Jorge (1957) Maria. Études sur la sante vierge, vol V, Beauchesne, p. 479
  2. Eliécer Sálesman (2007) Vida de santos, vol. III. San Pablo Ecuador, p.398