Virxe de África

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Virxe de África
Iglesia de Santa María de África, Ceuta.jpg
Virxe de África
Advocación da Virxe María
Historia
Orixe da devociónséculo XV
Veneración
Venerada enIgrexa Católica
Festividade5 de agosto
Santuario principalSantuario de Santa María de África
Patroa deCeuta

A Virxe de África é unha imaxe da Virxe María que se atopa no Santuario de Santa María de África na cidade autónoma de Ceuta. É a patroa da cidade e a súa festividade celébrase o 5 de agosto.

Historia[editar | editar a fonte]

O infante Henrique o Navegante en 1421 enviou a Ceuta unha imaxe da Virxe con esta mensaxe: "Envíovos unha imaxe da Virxe, moi devota miña". Engadía a mensaxe que a esa imaxe rendéraselle culto anteriormente e que para adiante a venerasen e nomeasen coa advocación de Santa María de África. Completaba o xesto o infante cun trazo da súa persoal piedade entregando á Virxe de África o seu bastón de mando ou "Aleo". Cerimonia esta tan simbólica que logo repetiron os comandantes xerais da praza de Ceuta.

Foi coroada canonicamente o 10 de novembro de 1946. E aínda que sempre foi considerada patroa, non foi ata o 24 de novembro de 1949, cando o papa Pío XII outorga o breve pontificio declarando oficialmente o padroado.

O Concello da cidade de Ceuta proclamouna Alcaldesa Perpetua o 5 de marzo de 1654.

A imaxe[editar | editar a fonte]

A escultura é unha talla gótica do século XV. Preséntase entronizada, sentada, e co corpo morto de Cristo nos seus brazos, ao estilo do paso da Angustias ou da Piedade. A imaxe está tallada nun só bloque de madeira, agás a cabeza de Cristo e a man esquerda da Virxe, perforándose na zona posterior, segundo costume das imaxes destinadas a situarse en altares ou retablos. Este oco aparece cuberto na actualidade por unha tapa de madeira formada por varios taboleiros. Malia non ser unha imaxe de vestir, xeralmente leva un groso manto de ricas teas, que lle cobre a parte traseira da talla, quedando á vista toda a parte frontal do seu corpo.

Outras[editar | editar a fonte]

Na cidade de Santa Cruz de Tenerife, o principal mercado da cidade leva o nome desta virxe. De feito hai no seu interior unha diminuta réplica da Virxe de África, que se encontra fronte a outra pequena figura da Virxe da Candelaria, patroa de Canarias. Ademais dáse a circunstancia de que o arquitecto que deseñou este mercado foi precisamente quen construíu tamén a Basílica da Virxe de Candelaria.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]