Saltar ao contido

Virxe (constelación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Virxe
 Instancia de
Características físicas
Superficie1.294 °² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF728145424648886831449 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07yt9 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Virgo ou Virxe[1] (símbolo , Unicode ♍) é unha constelación do zodíaco. Atópase entre Leo ó oeste e Libra ó leste, e é unha das constelacións máis grandes visibles no ceo. É facilmente identificable pola súa estrela α, Spica, "a espiga" dos agricultores medievais.

Estrelas principais

[editar | editar a fonte]
Representación medieval de Virgo.
Virgo, a Virxe.

Obxectos Notables do espazo profundo

[editar | editar a fonte]

Hai máis de trece mil galaxias esparexidas por Virgo e a Cabeleira de Berenice. O Cúmulo de Virgo é un grupo de galaxias que contén máis de 2.000 membros. Cabe destacar:

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Na mitoloxía é a representación de Dice, filla de Zeus e Temis, deusa da xustiza para os homes. Naceu mortal e foi posta na terra para administrar xustiza e orde. Viviu cos mortais durante a Idade de Ouro e a Idade de Prata, pero cando naceu a Raza de Bronce, á que detestaba, deixou a terra e subiu ó ceo, onde se estableceu a carón da constelación Boötes. Era unha das tres Horas ou Titánides e a máis notable entre as deusas virxes.

Noutra versión dicíase que se trataba de Erígone, filla de Icario. Outras versións identificaban esta constelación con Deméter, Isis, Atárgatis (un dos nomes de Derceto) e Tique.

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de outubro de 2016. Consultado o 12 de outubro de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]