Virna Cedeño Escobar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Virna Cedeño Escobar
Nacemento25 de novembro de 1967
Lugar de nacementoGuayaquil
NacionalidadeEcuador
Alma máterUniversity of Guayaquil, Universidade de Montpellier e Universidade Pierre e Marie Curie
Ocupacióncientífica e investigadora
Na rede
Facebook: virnacedenoe Twitter: virnacedenoe Instagram: virnacedenoe Dialnet: 4899873 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Virna Alexia Cedeño Escobar, nada en Quito o 25 de novembro de 1967, é unha bióloga, profesora universitaria e política ecuatoriana, candidata á vicepresidencia de Ecuador nas eleccións presidenciais de 2021 pola organización política Pachakutik.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Virna estudou bioloxía na Universidade de Guayaquil e obtivo o seu doutoramento en biotecnoloxía molecular pola Universidade de Montpellier. Foi coordinadora académico-científica do programa de biotecnoloxía da Universidade de Guayaquil, onde promoveu a creación da primeira mestría en biotecnoloxía molecular de Ecuador. Ademais, é propietaria de Concepto Azul, unha empresa de biotecnoloxía ecolóxica para o desenvolvemento agrícola e acuícola.[3][4]

Doutra banda, participou en programas de rescate de menores en situación difícil e durante oito anos desenvolveu na Penitenciaría do Litoral un programa escola sobre acuicultura e agricultura social. En 2017 foi unha dos membros da Comisión Anticorrupción no núcleo Guayas.[5]

Notas[editar | editar a fonte]