Virginia Raggi
Virginia Raggi | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Virginia Elena Raggi |
Nacemento | 18 de xullo de 1978 |
Lugar de nacemento | Roma |
Nacionalidade | Italiana |
Alma máter | Universidade de Roma III |
Ocupación | Avogada, política |
Cónxuxe | Andrea Severini |
Coñecida por | Ser a primeira alcaldesa da Cidade metropolitana de Roma Capital |
Estudos | Licenciada en Dereito |
Organización | Movemento 5 Estrelas |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Virginia Elena Raggi, máis coñecida como Virginia Raggi, nada en Roma o 18 de xullo de 1978 é unha política e avogada italiana.
Militante do Movemento 5 Estrelas, é a alcadesa da Cidade metropolitana de Roma Capital desde o 22 de xuño de 2016.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formación[editar | editar a fonte]
Naceu no barrio de San Giovanni-Appio Latino,[2] fixo o bacharelato no liceo científico "Isacco Newton",[3] e licenciouse en dereito na Universidade de Roma III,[2][4] centrándose en Dereito civil, xudicial e extraxudicial.[5]
Como xurista é especialista en dereitos de autor, propiedade intelectual e novas tecnoloxías.[5]
Actividade política[editar | editar a fonte]
En 2011 uniuse ao Movemento 5 Estrelas, e constituíu o grupo do Municipio XIV (Roma).[5]
De 2013 a 2015 foi concelleira e voceira do M5E no Concello de Roma, onde se especializou en temas de educación e medio ambiente, na oposición.[6]
Deixou de selo ao disolverse o consistorio tras o escándalo de corrupción no que se viu implicado o daquela alcalde Ignazio Marino, do Partido Demócrata.
En 2016 foi candidata do Movemento 5 Estrelas á alcaldía de Roma, tras gañar as primarias vía internet no seu partido M5E, con 1 360 votos.[7]
Na primeira volta das eleccións municipais celebradas o día 5 de xuño obtivo o 35,29 % dos votos fronte ao 24,80 % de Roberto Giachetti, o aspirante do Partido Demócrata (PD) de Matteo Renzi.[8]
Na segunda volta electoral, celebrada o 19 de xuño, ganou co 67,2 % dos votos fronte ao 32,8 % do seu rival, o candidato do Partido Demócrata.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ministero dell'Interno (ed.). "Elezioni 2016, Comune di Roma". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2016. Consultado o 15 de abril de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 Marco Damilano (16 de marzo 2016). "Virginia Raggi, chi è la donna che spaventa Renzi e Berlusconi". L'Espresso. Consultado o 16 de abril de 2019.
- ↑ Liceo Isaac Newton (ed.). "Home Page - Liceo". liceonewtonroma.gov.it. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2019. Consultado o 16 de abril de 2019.
- ↑ Virginia Raggi. Movimento 5 Stelle, ed. "Chi Sono - Virginia Raggi". movimento5stelle.it. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2016. Consultado o 16 de abril de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Virginia Raggi - MoVimento 5 Stelle Roma". M5S Roma. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2016. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ 6,0 6,1 Mònica Bernabé. "Virginia Raggi, una candidata 'anti casta', será la primera alcaldesa de Roma". El Mundo. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ "Virginia Raggi, una 'grillina' para poner orden en Roma". La Vanguardia. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ País, Ediciones El (11 de xuño de 2016). "Virginia Raggi: "Roma es una ciudad devastada"". El País (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Virginia Raggi ![]() |