Saltar ao contido

Virapescozo europeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Virapescozo europeo
 Nome taxon
    Jynx torquilla
 Nome curto
    J. torquilla (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Características
 Ciclo diurno
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePiciformes
FamiliaPicidae
XéneroJynx
EspecieJynx torquilla Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Jynx torquilla Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
 Envergadura
   26 cm Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   9,2 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   13 d Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Bird of the Year (en) Traducir (2007)
Paxaro do Ano (1988) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01lw5r Editar o valor en Wikidata
ITIS178150 Editar o valor en Wikidata
OTT467846 Editar o valor en Wikidata
UICN22680683 Editar o valor en Wikidata
CoL3QXQR Editar o valor en Wikidata
EOL16990620 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O virapescozo europeo[1] (Jynx torquilla) é unha ave de hábitos migratorios pertencente á familia dos pícidos, dentro da orde dos piciformes. Habita en bosques, selvas, parques e zonas con árbores illados en Europa, Asia e África.

Características

[editar | editar a fonte]
Jynx torquilla
Jynx torquilla

A súa lonxitude rolda os 16 cm e o seu aspecto externo e comportamento gardan maiores semellanzas cos paseriformes que con calquera peto. A coloración da súa plumaxe e moi mimética: parda cinsenta nas partes superiores e máis amarelenta con roscos pardos próximas nas partes inferiores. Presenta, á vez, uns riscos escuras nos ollos e barras da mesma coloración na súa cola. Esta plumaxe críptica xunto ao seu pequeno peteiro diferénzano notablemente doutras especies da orde. Con todo, as súas patas presentan dous dedos dirixidos cara a adiante e dous restantes, cara a atrás, característica propia dos paxaros carpinteiros. As plumas do píleo (a parte superior da cabeza) son eréctiles, e se sente ameazado, erízaas, torce o pescozo cara a atrás e esténdeo logo axiña.

Aliméntase no chan e rube polos troncos como os demais paxaros carpinteiros, comendo formigas e outros insectos. Aniña en cavidades das árbores e buratos da cachotería de edificios. Realiza unha única posta anual -ocasionalmente, dúas- constituída normalmente de entre 7 e 10 ovos, aínda que ás veces poden ser 5 ou 14. Os ovos son de cor branca. Ambos os dous proxenitores encárganse da incubación, a cal toma entre 12 e 14 días. Os pitos, nidícolas, son alimentados polos seus dous pais ata que abandonan o niño entre 19 e 21 días despois do seu nacemento. Esta especie reprodúcese en rexións tépedas de Europa e Asia, e migra cara a África tropical e Asia meridional para pasar o inverno.

  1. ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.