Vipsania Agripina
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido |
| Morte | 20 Roma, Italia |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Roma |
| Período | Alto Imperio Romano |
| Familia | |
| Familia | Vipsanii Agrippae (en) |
| Cónxuxe | Caio Asínio Galo (11 a. C.–20) Tiberio , divorcio |
| Fillos | Asinia ( Gnaeus Asinius ( Gaius Asinius Pollio ( Asinius Lupus ( Asinius Saloninus ( Servius Asinius Celer ( Asinius Gallus ( Marco Asínio Agripa ( Claudia/Claudius ( Druso ( |
| Pais | Marco Vipsanio Agripa |
| Irmáns | Vipsania Attica Vipsania Caio César Júlia, a Jovem Lucio César Agripina Agrippa Postumus |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Leksikon Realʹnyj slovarʹ klassičeskih drevnostej po Lûbkeru |
Vipsania Agripina, nada no ano 36 a. C. e finada no ano 20, foi unha nobre romana, filla de Marco Vipsanio Agripa e da súa primeira esposa, Cecilia Ática.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No ano 20 a. C. converteuse na primeira esposa de Tiberio,[1] quen posteriormente sería o sucesor do emperador Augusto. No ano 13 a. C. tivo un fillo do seu marido, chamado Tiberio Druso Claudio, aínda que sempre foi máis coñecido como Druso o Novo (Drusus Minor) para distinguilo de seu tío paterno, Nero Claudio Druso, coñecido como Druso o Vello, irmán máis novo de Tiberio. Mais ao pouco deste nacemento, o emperador Augusto instou a Tiberio a divorciarse de Vipsania a pesar do amor que este lle profesaba. Tiberio tivo que casar coa filla do emperador, Xulia a Maior, quen enviuvara por segunda vez, agora de Marco Vipsanio Agripa. Vipsania rara vez se volvería a cruzar con Tiberio.
No ano 11 a. C., Vipsania volvería a casar, deste vez, con Gaio Asinio Galo,[2] un locuaz senador que sempre se opuxo ás directrices que posteriormente marcaron o emperador Tiberio e o seu secuaz Sexano. Vipsania deulle seis fillos até a súa morte, no ano 20.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vipsania Agripina |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Smith, William, ed. (1876). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en inglés) III. Londres: John Murray.
- Syme, Ronald (1989). The Augustan Aristocracy (en inglés). Oxford: Clarendon Press. ISBN 9780198147312.