Violencia obstétrica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A violencia obstétrica diríxese contra a muller embarazada.

Enténdese por violencia obstétrica calquera conduta, por acción ou omisión, que realizada por persoal da saúde afecte o corpo e os procesos reprodutivos das mulleres, como o trato deshumanizado, a medicalización inxustificada e a patoloxización de procesos que son naturais.[1]

Segundo as opinións da avogada estadounidense Farah Diaz-Tello, a violencia obstétrica é unha violación dos dereitos humanos das mulleres, unha transgresión á non discriminación, á liberdade e á seguridade da persoa, tamén constitúe unha violación á saúde reprodutiva e á autonomía, así como do dereito á ausencia dun trato cruel, inhumano e degradante.[2]

A primeira referencia do termo apareceu no ano 1827, nunha publicación en inglés, como crítica ás prácticas brutais habituais nos paritorios.[3]

A Organización Mundial da Saúde emitiu unha declaración no 2014 para previr e erradicar a falta de respecto e os malos tratos durante a atención ao parto nos centros de saúde a nivel global.[4]

Violencia obstétrica física e psicolóxica[editar | editar a fonte]

Existe a posibilidade de considerar violencia obstétrica prácticas como o tacto realizado por máis dunha persoa, a episiotomía como procedemento de rutina, o uso de fórceps, a manobra de Kristeller, o raspaxe de útero sen anestesia, a cesárea sen unha verdadeira xustificación médica ou a subministración de medicación innecesaria.

O recurso á cesárea, xeralmente, é a práctica máis criticada como medio de acelerar innecesariamente un parto que se presenta sen complicacións.[5], ademais de ser unha práctica moi utilizada.

A violencia obstétrica psicolóxica maniféstase nun trato deshumanizado por discriminación, burlas ou críticas á muller ou ao seu fillo.

Manifestacións da violencia obstétrica[editar | editar a fonte]

  1. Non atender de xeito correcto e eficaz as emerxencias obstétricas.
  2. Obrigar á muller a parir nunha posición que lle resulta incómoda, se existise algunha alternativa.
  3. Obstaculizar, sen causa xustificada, o apego precoz do neno coa súa nai, negándolle a posibilidade de cargalo e aleitalo no momento en que é nado.
  4. Alterar o proceso natural do parto de baixo risco, mediante o uso de técnicas de aceleración, sen obter o consentimento voluntario, expreso e informado da muller.
  5. Practicar o parto por vía de cesárea, cando existan condicións favorables para o parto natural, sen obter o consentimento voluntario, expreso e informado da muller.

Controversia[editar | editar a fonte]

O termo violencia obstétrica non é aceptado polos profesionais da saúde, moitos profesionais argumentan que é contrario á súa ética. Tamén se obxecta que algunhas prácticas presentan máis beneficios que riscos no caso de que se apliquen de xeito temperán, de feito afirman que atrasalas pode facer que resulten ineficaces se se evidencian necesarias.[5]

Opositores á violencia obstétrica[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Violencia obstétrica » Graciela Medina". Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2018. Consultado o 8 de diciembre de 2018. 
  2. Diaz-Tello J.D., Farah. "Invisible wounds: obstetric violence in the United States". doi:10.1016/j.rhm.2016.04.004. 
  3. "LECTURES ON THE THEORY AND PRACTICE OF MIDWIFERY," 9 (222). ISSN 0140-6736. doi:10.1016/s0140-6736(01)75285-3. Consultado o 8 de decembro de 2018. 
  4. "OMS | Prevención y erradicación de la falta de respeto y el maltrato durante la atención del parto en centros de salud". Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  5. 5,0 5,1 Sadler, Michelle; et al. "Reproductive Health Matters". doi:10.1016/j.rhm.2016.04.002.