Viloudriz, A Pontenova
| Viloudriz | |
|---|---|
| Concello | A Pontenova[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 43°20′19″N 7°11′19″O / 43.33858333, -7.18872222 |
| Poboación | 78 hab. (2020) |
| Entidades de poboación | 2[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santiago de Viloudriz[2] (até 2026, Vilaoudriz (Santiago)) é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2013) conta 108 habitantes (58 homes e 50 mulleres).
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Viloudriz ten dous elementos: Vila (do latín Vīlla) e mais a forma Auderici, xenitivo do antropónimo de orixe xermánica Audericus.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]En 1900 constituíuse a Sociedad Minera de Villaodrid[4] para a explotación dos xacementos de limonita por parte dunha sociedade vasca, activa ata a guerra civil española. A importancia desta actividade provocou a construción en 1905 da liña Ribadeo - Viloudriz de ferrocarril para transportar o mineral cara ao embarcadoiro de mineral de Ribadeo. Os fornos das minas construíronse con ladrillos da próxima fábrica de Sargadelos, situada no concello de Cervo. As minas achábanse maioritariamente nesta parroquia, mentres que os fornos de calcinación se construíron na Pontenova[5].
En 1961 constituíuse a parroquia da Pontenova, segregándose os seus lugares de Viloudriz e Vilameá.[6]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Túnel na estrada de acceso
- Túnel de saída cara á Pontenova
- Adro da igrexa
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Viloudriz
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Viloudriz no concello da Pontenova (Lugo) | |
|---|---|
Parroquias da Pontenova
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ "DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.". Xunta de Galicia. Consultado o 2026-04-27.
- ↑ Marqués Valea, Xulia (2021). Toponimia da Pontenova. A Coruña: Real Academia Galega. p. 114-115. ISBN 978-84-17807-10-8.
- ↑ Fouz, Javi (2020). "La mina Consuelo de A Pontenova (Lugo). El color de las tinieblas". Gota a Gota (20): 40–47. ISSN 2340-1346.
- ↑ Clodio González Pérez (16/08/2008). "Os fornos da Pontenova". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2014. Consultado o 26 de agosto de 2014.
- ↑ "Pontenova, A, Sagrado Corazón". Diocese de Mondoñedo-Ferrol (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2020. Consultado o 12 de decembro de 2020.