Vilela, Punxín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vilela
Igrexa de Santa María de Vilela, Punxín.jpg
Igrexa de Santa María de Vilela.
ConcelloPunxín
Poboación63 hab. (2017)
Entidades de poboación5

Santa María de Vilela é unha parroquia do concello de Punxín na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2012 tiña 63 habitantes, deles 35 eran mulleres e 28 eran homes, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 88 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Igrexa de Santa María de Vilela. De orixe románica, reformada no século XVIII, cunha soa nave e ábsida rectangular. Ten esculturas barrocas de San Pedro e dúas imaxes da Virxe das Dores e do Rosario, e un cáliz e un incensario de prata do século XVIII, deseñados por Piedra e Rañoi.

Detrás do templo hai un cruceiro cun peto de ánimas no pé que conserva un capitel xónico.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Vilela[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Vilela no concello ourensán de Punxín

Barxelas | O Chao | Figueiroa | A Nogueira | A Vila

Parroquias de Punxín[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Punxín

Barbantes (Santiago) | Freás (Santa María) | Ourantes (San Xoán) | Punxín (Santa María) | Vilamoure (Santo Estevo) | Vilela (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]