Vilariño das Poldras, Couso de Limia, Sandiás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vilariño das Poldras

Miliarios.
ParroquiaCouso de Limia
ConcelloSandiás
Coordenadas42°05′23″N 7°46′32″O / 42.089861111111, -7.7755555555556Coordenadas: 42°05′23″N 7°46′32″O / 42.089861111111, -7.7755555555556
Poboación151 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]

Vilariño das Poldras é un lugar e pedanía do concello de Sandiás, na parroquia de Couso de Limia. Nel atópase o pazo do Penedo do século XVI, que sufriu posteriores ampliacións e reformas no século XVIII.

Neste lugar atopáronse no ano 1995 tres miliarios (Milla LXVII) da Vía Nova ou Vía XVIII que unía Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga) estando o de maior tamaño dedicado ó Emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.).

Neste lugar celébrase a Romaría do San Mateo, famosa pola súa feira de cabalos e polas pavías, os días 20 e 21 de setembro.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Couso de Limia[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Couso de Limia no concello de Sandiás (Ourense)

Cerredelo | O Couso | Vilariño das Poldras

Parroquias de Sandiás[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Sandiás

Couso de Limia (Santa María) | Piñeira de Arcos (San Xoán) | Sandiás (Santo Estevo)