Vilanova, A Pobra de Trives
| Vilanova | |
|---|---|
Aldea da Pereira | |
| Concello | A Pobra de Trives[1] |
| Provincia | Ourense |
| Coordenadas | 42°20′02″N 7°16′13″O / 42.334025, -7.2702138888889 |
| Poboación | 47 hab. (2019) |
| Entidades de poboación | 4[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |


Santa María de Vilanova e unha parroquia que pertence ó concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. En 2011, segundo o IGE, tiña 59 habitantes (34 homes e 25 mulleres).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]No adro da igrexa parroquial hai unha ara romana de grandes dimensións, dedicada a Xúpiter, que data do século II.[2] A ara está modelada con grecas en tres das súas caras superiores e posúe unha inscrición cuxo desenvolvemento total de lectura sería: "SEVERVS, FL / AVINI FIL(IVS) / IOVI OP(TIMO) MA(XIMO) / V(OTUM) L(IBENS) S(OLVIT) M(ERITO)".
O souto de Vilanova ten castiñeiros centenarios. O poeta Pablo Pérez, natural de Vilanova, publicou no seu libro Sementeira de Soños un poema adicado ao souto, "Elexía por un souto".
Feiras e festas
[editar | editar a fonte]A primeira fin de semana de febreiro, coincidindo coas festas patronais das Candelas e San Brais, celébrase a festa do chourizo. O sábado pola tarde a xente asa os chourizos no adro da igrexa e por entre os castiñeiros do souto para asar os chourizos nas fogueiras.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Vilanova
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Vilanova no concello da Pobra de Trives (Ourense) | |
|---|---|
Parroquias da Pobra de Trives
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ Ara de Vilanova na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.