Vila Romana del Casale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vila Romana del Casale
Villa romana di Piazza Armerina - Sicilia - tigre.JPG
Unha tigresa no gran xogo da caza mosaico
[[Ficheiro:
Piazza Armerina en Italia
Piazza Armerina
Piazza Armerina
|300px]]
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísItalia Italia
TipoCultural
CriteriosI, II, III
Inscrición1997 (21ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador832

A Villa Romana del Casale (Siciliano: Villa Rumana dû Casali) é unha gran vila romana ou palacio situado a uns 3 km. da vila de Piazza Armerina, Sicilia. As escavacións revelaron unha das máis ricas, máis grandes e variadas coleccións de mosaicos romanos do mundo,[1] polo que o sitio foi designado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[2] A vila e as súas obras de arte datan do inicio do século IV.

Os mosaicos e o chan 'opus sectile' abarcan uns 3.500 metros cadrados e son case únicos polo seu excelente estado de conservación debido aos deslizamentos de terra e as inundacións que cubriron os restos.[3]

Aínda que menos coñecidos, unha extraordinaria colección de frescos cubría non só as habitacións interiores, senón tamén as paredes exteriores.

Historia[editar | editar a fonte]

Plano da vila
Perístilo

Os restos visibles da vila construíronse no primeiro cuarto do século IV sobre os restos dunha antiga 'vila rustica', que son a pars dominica, ou residencia do mestre, dun gran latifundium ou explotación agrícola.[4]

A identidade do propietario discutíuse hai moito tempo e formuláronse moitas hipóteses diferentes. Algunhas características como a insignia militar da Tetrárquica e a probable data tetrárquica dos mosaicos levaron aos eruditos a suxerir un dono imperial como Maximiano. Con todo, os eruditos, creían en 2011, que a vila era o centro da gran propiedade dun aristócrata senatorial de alto nivel.[5]

Identificáronse tres fases sucesivas de construción; a primeira fase implicaba o perístilo cuadrangular e as habitacións do fronte. Logo engadiuse o complexo de baños privados nun eixe norte-oeste. Nunha terceira fase, a vila adquiriu carácter público, aos baños deuselle unha nova entrada e unha gran latrina. Construíuse unha gran entrada monumental, fóra do eixe do perístilo, pero aliñada coa entrada dos novos baños nun arranxo formal coa galería elíptica (ou ovoide) e o gran salón tri-apsidal. Este salón serviu para o entretemento e a relaxación dos invitados especiais e substituíu as dúas salas estatais do perístilo (o "salón da caza menor" e a "diaeta de Orfeo"). A basílica ampliouse e decorouse con belos e exóticos mármores.

O complexo permaneceu habitado polo menos 150 anos. Ao seu redor creceu unha aldea chamada Platia derivada da palabra palatium (palacio).

Cazadores no mosaico 'Gran Caza'

Nos séculos V e VI, a vila fortificouse con propósitos defensivos engordando as paredes perimetrais e pechando as arcadas do acueduto aos baños. A vila resultou danada e quizais destruída durante a curta ocupación dos Vándalos entre o 469 e o 478. As dependencias permaneceron en uso, polo menos en parte, durante os períodos bizantino e árabe. O asentamento destruíuse en 1160-1 durante o reinado de Guillerme I de Sicilia. O sitio abandonouse no século XII despois de que un deslizamento de terras cubrise a vila. Os supervivientes trasladáronse á localización actual de Piazza Armerina.

A vila foi case completamente esquecida, aínda que algunhas das partes máis altas dos restos foron sempre visibles por encima do chan. A zona utilizouse para cultivos. A principios do século XIX atopáronse pezas de mosaicos e algunhas columnas. As primeiras escavacións arqueolóxicas realizáronse máis adiante nese século.[6]

As primeiras escavacións profesionais as fixo Paolo Orsi en 1929, seguido dos traballos de Giuseppe Cultrera en 1935-1939. As escavacións importantes tiveron lugar no período 1950-60 dirixidas por Gino Vinicio Gentili, trala cal construíuse unha cuberta protectora sobre os mosaicos. Nos anos setenta Andrea Carandini realizou escavacións no lugar. A Universidade de Roma, La Sapienza, continua traballando ata hoxe en día. En 2004 atopouse un gran asentamento medieval dos séculos X-XII. Dende entón reveláronse tamén suntuosas salas da vila.

O latifundium e a vila[editar | editar a fonte]

Corredor da Caza Maior
Véxase tamén: Sicilia (provincia romana).

Na antigüidade tardía os romanos dividiron a maior parte do interior siciliano en grandes propiedades agrícolas chamadas "latifundium". O latifundio da vila é citado no Itinerario de Antonino e é coñecido como Filosofiana. A 'pars rustica' da vila, ou sección agrícola, descubriuse ao oeste da área de entrada, tal e como o mostra nunha sala dividida en tres partes por piares para o almacenamento de produtos agrícolas. O tamaño da vila e a cantidade e calidade das súas ilustracións indican que era a 'pars dominica' dun latifundium.

A vila era tan grande que incluía múltiples salas de recepción e salas estatais que reflicten a necesidade de satisfacer varias funcións e incluía espazos para a xestión da propiedade así como da vivenda. Isto transformou a vila nunha cidade en miniatura. A vila probablemente foi a residencia permanente ou semi-permanente do propietario, sería onde o dono, no seu papel de patrón, recibía aos seus clientes locais.

A vila era un edificio dun só piso, centrado no perístilo, ao redor do cal organizábanse case todas as salas públicas e privadas principais. A entrada monumental é a través do atrio desde o oeste. As termas están situadas ao noroeste, os cuartos de servizo e probablemente os cuartos de invitados cara ao norte, os cuartos privados e unha enorme basílica ao leste, e salas de finalidade descoñecida ao sur. Un pouco separado, e que aparece case como unha ocurrencia posterior, é a área separada ao sur que contén o perístilo elíptico, cuartos de servizo e un enorme triclinium (comedor formal).

Palestra - sala das dúas ábsidas

O plano xeral da vila ven determinado por varios factores: construcións antigas no sitio, a lixeira pendente na que se construíu, a traxectoria do sol e os ventos dominantes. O terreo máis alto ao leste está ocupado pola Gran Basílica, os cuartos privados e o Corredor da Caza Maior, o punto medio polo perístilo, as habitacións, a área de entrada, o perístilo elíptico e o triclinium, mentres que os terreos inferiores cara ao oeste está dedicada ás termas.

Todo o complexo é algo infrecuente, xa que está organizado en tres grandes eixes, o eixe primario é a liña (lixeiramente inclinada) que pasa desde o atrio, tablinum, o perístilo e a gran basílica (coincidindo co camiño que seguirían os visitantes). As termas e o perístilo elíptico co triclinium están centrados en eixes separados.

Pouco se sabe sobre a vila anterior, pero parece que foi unha gran residencia rural construída probablemente ao comezo do século II.

As escavacións recentes atoparon un segundo complexo de baños preto dos almacéns da entrada que datan da última fase da antigüidade e mostra raros mosaicos nas paredes pertencentes a unha vacía ou unha fonte.

Entrada monumental[editar | editar a fonte]

Mosaico de corte poligonal

O acceso á vila era a través dunha pasarela de tres arcos, decorada con fontes e pinturas militares, e semellante a un arco triunfal. Daba a un patio de ferradura rodeado de columnas de mármore con capiteis xónicos cunha fonte cadrada no centro. No lado oeste do patio atopábase unha latrina, e tamén se daba acceso aos baños e ao resto da vila.

O xardín do perístilo e as habitacións do sur[editar | editar a fonte]

Diaeta de Orfeo, cun mosaico de Orfeo

O elegante xardín do perístilo está decorado cunha fonte de tres concas, no centro pode verse a decoración con peixes nadando entre as ondas. Os cuartos 33 e 34 dedicáronse ás funcións de servizo e posúen mosaicos con motivos xeométricos, mentres que o cuarto 34 tamén presenta un mosaico instalado sobre o piso orixinal que mostra competicións deportivas femininas dándolle o nome de "a sala dos palestriti".

Tamén no lado sur está a chamada "diaeta de Orfeo", unha sala absidica adornada cun notable mosaico de Orfeo. Como era habitual, mostra a Orfeo tocando a lira baixo unha árbore e domando todo tipo de animais coa súa música. Esta sala probablemente foi utilizada como comedor de verán ou, tendo en conta o tema do seu piso, para gozar da música.

Basílica con paneis de mármore

A Basílica[editar | editar a fonte]

Este gran salón era un salón de audiencias e o cuarto máis formal da vila, accedendo a través dunha gran entrada monumental dividida por dúas columnas de granito rosa exipcio. Un piso de 'opus sectile' de policromía excepcionalmente elaborado, composto de mármores procedentes de todo o Mediterráneo, está á entrada e é a decoración máis rica da vila; tamén cubría as paredes. Este tipo de mármore, en lugar de mosaico, constituía o material de maior prestixio no mundo romano.

As escavacións mostraron que a bóveda da ábsida estaba decorada con mosaicos de vidro.

Piso Opta sectile - Basílica

Triclinium e perístilo elíptico[editar | editar a fonte]

No lado sur da vila hai un perístilo elíptico, o Xystus, cun nymphaeum semicircular no lado oeste. No patio aberto estaban as fontes que saían do pavimento do mosaico.

O Xystus forma unha espectacularentrada ao luxoso triclinium tri-apsidal, o gran salón que se abre cara ao leste. Contén un magnífico conxunto de mosaicos dominados no centro polos inimigos atopados por Hércules durante os seus doce traballos. Na ábsida norte está a súa apoteose coroada por Xúpiter, mentres que ao leste están os Xigantes con membros serpentinos e na súa agonía. Na ábsida sur está o mito de Lcurgo, que intentou matar á ninfa Ambrosía, pero foi rodeado de vides e atacado por unha multitude de Ménades.

Mosaicos[editar | editar a fonte]

Mosaico dos bikinis[editar | editar a fonte]

O mosaico "bikini", mostra mulleres practicando deportes. Á esquerda, unha muller en toga ofrece unha coroa e a rama de palmeira do vencedor para "a gañadora"

En 1959-60, Gentili escavou un mosaico no chan da sala chamado "Cámara das Dez doncelas" (Sala delle Dieci Ragazze en italiano). As mulleres aparecen nunha obra de arte en mosaico que os eruditos chamaron "Coroación da gañadora". As mozas realizan deportes como levantamento de pesas, lanzamento de disco, carreiras e xogos de pelota. Unha muller con toga ofrece unha coroa e a rama de palmeira a "a gañadora".[7]

A caza menor[editar | editar a fonte]

Outro mosaico ben conservado mostra unha cazaría, con cazadores que usan cans e capturan unha variedade de pezas.


A "Caza Menor" mosaico (detalle)

A "Caza Menor" mosaico (detalle)


Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. R. J. A. Wilson: Piazza Armerina. In: Akiyama, Terakazu (Ed.): The Dictionary of Art. Vol. 24: Pandolfini to Pitti. Oxford 1998, ISBN 0-19-517068-7.
  2. "World heritage site". Consultado o 2008-12-15. 
  3. Unesco, "Advisory Body Evaluation (ICOMOS)", 1997
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017. Consultado o 06 de xuño de 2019. 
  5. Pensabene, Patrizio; Gallocchio, Enrico (2011). "The Villa del Casale of Piazza Armerina" (PDF). Expedition Magazine (University of Pennsylvania Museum of Archaeology and Anthropology) 53 (2): 35. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2018. Consultado o 06 de xuño de 2019. 
  7. Villa Romana del Casale, Val di Noto

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]