Saltar ao contido

Vila Nova de Milfontes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVila Nova de Milfontes
Imaxe

Localización
Mapa
 37°43′00″N 8°47′00″O / 37.7167, -8.7833
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Beja
ConcelloOdemira Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.258 (2001) Editar o valor en Wikidata (56,11 hab./km²)
Xeografía
Superficie75,88 km² Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal7645 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico283 Editar o valor en Wikidata

Sitio webjf-vnmilfontes.pt… Editar o valor en Wikidata

Vila Nova de Milfontes é unha vila portuguesa, sede da freguesía homónima do concello de Odemira. Conta con 75,88 km² de área[1] e 5 660 habitantes (segundo o censo de 2021).[2]

Vila Nova de Milfontes está situada na beira norte/dereita do río Mira, próxima á súa foz. Encóntrase integrada no Parque Natural do Suroeste Alentejano e Costa Vicentina.

É unha das freguesías máis antigas do municipio, fundada en 1485 polo rei Xoán II. A zona foi constituída para cumprir un papel económico e defensivo no Alentejo, na confluencia do río Mira, e beneficiouse da súa importancia estratéxica como porto seguro. Os primeiros habitantes foron presos condenados por delitos menores; 50 anos despois, a poboación da parroquia era de pouco máis de dez familias.

A aldea foi atacada con frecuencia por piratas e foi destruída por completo en 1590. En resposta, construíuse o forte de São Clemente entre 1599 e 1602 baixo o reinado do rei Filipe II durante a unión persoal de España e Portugal.

Durante o século XIX, a freguesía ficou integrada no municipio de Odemira, durante as reformas administrativas de Mouzinho da Silveira.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Vila Nova de Milfontes está situada na costa occidental do concello, cara ao océano Atlántico, na marxe norte do río Mira e dentro do Parque Natural do Suroeste Alentejano e Costa Vicentina. Vila Nova de Milfontes atópase a carón dun gran estuario dominado polo río Mira, que dá refuxio a varias especies de aves e vida mariña, ademais de xabarís e raposos nos bosques circundantes.

  • Praia dos Aivados
  • Praia da Angra da Barreta
  • Praia da Angra da Cerva
  • Praia do Burdo
  • Praia da Cruz
  • Praia do Carreiro da Fazenda
  • Praia das Furnas
  • Praia da Franquia, tamén coñecida como praia do Rio
  • Praia do Farol
  • Praia do Malhão
  • Praia do Patacho
  • Praia do Porto das Barcas

Demografía

[editar | editar a fonte]
Gráfica de evolución demográfica de Vila Nova de Milfontes entre 1864 e 2021
Datos segundo o Instituto Nacional de Estatística.[2]
  1. "Carta Administrativa Oficial de Portugal CAOP 2013". IGP Instituto Geográfico Português. Arquivado dende o orixinal o 9 de decembro de 2013. Consultado o 10 de decembro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 Instituto Nacional de Estatística (23 de novembro de 2022). "Censos 2021 - resultados definitivos". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]