Viktor Saneiev
Viktor Saneiev | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1945 |
Lugar de nacemento | Sukhumi |
Falecemento | 3 de xaneiro de 2022 |
Lugar de falecemento | Sydney |
Nacionalidade | Unión Soviética, Xeorxia e Australia |
Alma máter | Georgian State University of Subtropical Agriculture |
Ocupación | atleta |
Premios | Orde de Lenin, Orde da Revolución de Outubro, Bandeira Vermella do Traballo, Orde da Amizade dos Pobos, Mestre Honorário de Desportos da União Soviética, Order of Honour, honorary citizen of Tbilisi e Order of Vakhtang Gorgasali |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Viktor Danilovich Saneiev (en ruso Виктор Данилович Санеев), nado en Sukhumi (Xeorxia) o 3 de outubro de 1945 e finado o 3 de xaneiro de 2022, foi un triplo saltador xeorxiano.
Competiu internacionalmente coa Unión Soviética e gañou catro medallas olímpicas; tres de ouro (1968, 1972 e 1976) e unha de prata (1980). Dominou a especialidade de triplo salto entre fins de 1960 e a década de 1970. Saneiev adestrou en Sukhumi e máis adiante en Tbilisi na sociedade deportiva Dynamo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Saneiev comezou no atletismo en 1956 na escola deportiva Gantiadi, o seu primeiro adestrador foi Akop Kerselyan. Seis anos máis tarde Kerselyan anuncioulle que se debía especializar en triplo salto. En 1963 Saneiev finalizou terceiro no campionato escolar de toda á Unión Soviética, a Espartaquiada. O seu maior éxito sucedeu en 1968, cando gañou os Campionatos da URSS e nos Xogos Olímpicos de verán de 1968, onde o 17 de outubro bateu o récord do mundo dúas veces: con 17,23 metros e 17,39 metros. O mesmo día, pero catro anos máis tarde, Saneiev bate o récord do mundo unha vez máis, en Sukhumi, con 17,44 metros. Gañou as medallas de ouro nas Olimpíadas de verán de 1972 e 1976 e a de prata nos Xogos Olímpicos de 1980.
Ademais gañou os Campionatos Europeos de Atletismo de 1969 e 1974, os Campionatos Europeos de Atletismo en Pista Cuberta de 1970, 1971, 1972, 1975, 1976 e 1977. Saneiev foi campión da URSS en 1968-71, 1973-75 e en 1978.
Foi galardoado coa Orde da Bandeira Vermella do Traballo en 1969.
- Nados en 1945
- Atletas de Xeorxia
- Nados en Abkhazia
- Finados en 2022
- Saltadores de lonxitude
- Medallistas olímpicos en atletismo
- Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética
- Medallistas olímpicos de prata pola Unión Soviética
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1968
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1972
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1976
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1980
- Atletas olímpicos da Unión Soviética
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1968
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1972
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1976
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1980